Arrinca o FIBES, I Festival Iinerante de Balcóns e Espazos Sonoros, organizado por alumnos da Fundación TIC
imaxes das actuacións
Horarios e localizacións
- ás 11:00 horas, na Praza de Abastos actuará o grupo Combo Jazz, do Conservatorio Profesional de Música de Lugo.
- ás 12:30 horas, no balcón do Hotel Méndez Núñez, terá lugar a actuación de David Taboada e Asociados.
- ás 17:00 horas no balcón da Casa Consistorial actuarán diferentes agrupacións do Conservatorio.
- ás 17.30 horas diante do concello a Banda do Conservatorio.
- ás 18:30 horas no balcón do Pazo de San Marcos, será a quenda de David Prado coa colaboración de Javier González
- ás 21:00 horas nos balcóns da Casa das Pombas da Prazo do Campo, tocará o grupo de rock monfortino The Miñocas
- finalmente ás 22:00 horas, e tamén nos balcóns da Casa das Pombas, o DJ KOO será o encargado de pechar a I edición do Fibes.
Para máis información o BLOG DE FIBES