Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2013

14/05/2013

A Fundación TIC colabora coa campaña lúdico medioambiental nas praias da Mariña

imaxe dunha das actividades de surf na mariñaimaxe dunha das actividades de surf na mariña

Alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son de Lugo realizarán un DVD coa gravación de todas as actividades para difundir a iniciativa, e completar a súa formación con prácticas reais de cara a súa inserción laboral

A vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez e a presidenta do North Shore Surf Club, Fátima López presentaron a campaña o sábado, día 11, na praia de Balea, en Barreiros.

Trátase de actividades lúdico deportivas e de protección do Medio ambiente que a asociación realizará o longo do verán, nas praias do concello mariñao.

A Fundación TIC apoia por segundo ano consecutivo a iniciativa do club de Barreiros, unha das entidades sen ánimo de lucro coas que ten subscrito convenio de colaboración.

Deporte e Medio Ambiente

O programa dará comezo o sábado, día 18 de maio, cun Campionato Invitacional, na praia de Balea, coñecida popularmente como Oliñas. No certame, o primeiro destas características que se celebra na Mariña, participarán 26 surfistas convidados polo club organizador.

O sábado día 22 de xuño está previsto levar a cabo unha nova limpeza dos areais do municipio de Barreiros. Na campaña anterior, participaron 70 voluntarios, que lograron retirar máis de 500 quilos de lixo.

No mes de xullo, o día 25, terá lugar o segundo Anticampionato de surf, e o día 15 de agosto, na praia de Lóngara, o III Mercadillo de Surf, onde se poderá vender e mercar todo tipo de material de segunda man.

A II Remada Popular porá fin á campaña deste ano, o día 25 de agosto, nas modalidades de bodyboard, shortboard e longboard, dende a praia de Lóngara.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet