A Fundación TIC contribúe ó éxito do #InLugo seguido por 700.000 usuarios
alumnos da escola de imaxe e son 1
alumnos da escola de imaxe e son 2
alumnos da escola de imaxe e son 3
alumnos da escola de imaxe e son 4
Alumnos da Escola de Imaxe e Son realizaron a transmisión en directo das sesións do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais que agora poden verse na web www.fundaciontic.org
Segundo as analíticas da Rede, o Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais rexistrou máis de 2.500 tweets co hashtag InLugo, 5 millóns de impresións e chegou a ser nalgúns momentos trending topic a nivel nacional xunto ó triunfo de Nadal
A Fundación TIC contribuíu ó éxito de seguimento do Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais na Internet coa súa transmisión en directo na web www.deputacionlugo.org realizada polos alumnos da Escola de Imaxe e Son. A totalidade das sesións gravadas para a súa emisión en streaming pode visualizarse agora na web da Fundación TIC, www.fundaciontic.org.
Segundo as analíticas da Rede, o foro que reuniu durante dous días a prestixiosos profesionais e ós blogueiros españois con máis seguidores rexistrou unha audiencia de 700.000 usuarios, 2.500 tweets co hashtag InLugo, 5 millóns de impresións e preto de 200 fotos en Instagram. O congreso foi un dos temas máis recomendados en Twitter, sendo trending topic a nivel nacional nalgúns momentos xunto ó triunfo de Nadal.