Alumnos de Primeiro de Realización estrean unha obra de teatro de produción propia
imaxenes da obra 'Apoloxia do cuarto de baño'
A peza , “Apoloxía no Cuarto de Baño” , xurde do proxecto de fin de curso e representarase de novo o vindeiro día 20, durante a xornada de Portas Abertas da EIS, ABERTIC
Alumnos do primeiro curso de Realización da Escola de Imaxe e Son porán en escena a obra de produción propia “Apoloxía no cuarto de Baño” o vindeiro día 20 de xuño, durante a xornada de Portas Abertas da EIS, ABERTIC. A peza duns dez minutos de duración xurde do proxecto de fin de curso da estudante Tamara Álvarez. A súa estrea tivo lugar este luns, día 10, nas instalacións da Fundación TIC. Os alumnos do módulo de Formación en Centros de Traballo foron os encargados da realización e gravación da obra.