A Escola de Imaxe e Son abre o prazo de preinscrición de matrícula que será gratuíta por 6º ano consecutivo
Todos os interesados teñen ata o 5 de xullo a posibilidade de preinscribirse para optar ás 44 prazas de primeiro de Realización e Produción no curso 2013-2014
O 11 de xullo publicarase a listaxe definitiva de admitidos e a matrícula poderá formalizarse do 12 ó 19 na sede do centro educativo en horario de mañá.
A Deputación realiza un ano máis este esforzo inversor dentro da súa aposta por un ensino público de calidade
A Escola de Imaxe e Son (EIS) da Fundación TIC, dependente da Deputación, abriu o prazo de preinscrición de matrícula para o curso 2013-2014. A EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, ofrece 44 prazas de primeiro dos ciclos superiores de Realización e Produción. Todos os interesados terán de prazo ata o 5 de xullo para apuntarse. Terán que presentar unha fotocopia do DNI, a certificación académica e cumprimentar o impreso que atoparán na web da Fundación (www.fundaciontic.org) ou na propia Escola. A documentación debe entregarse na sede do centro, na rúa Frei Plácido Rey Lemos s/n.
A listaxe provisional de admitidos, de solicitantes que quedan en lista de espera e de excluídos publicarase 8 de xullo no taboleiro de anuncios do centro e na web da TIC. Os días 9 e 10 estará aberto o prazo de reclamacións e o 11 publicarase a listaxe definitiva. A matrícula poderá formalizarse dende o 12 ó 19 de xullo, na sede do centro educativo en horario de 9:00 a 14:00 horas. Tanto o impreso como a documentación correspondente, poden descargarse a través da web da Fundación.
A inserción laboral como prioridade
A Deputación manterá a gratuidade da matrícula por sexto curso consecutivo para todos os alumnos, agás para os repetidores. Deste xeito, o organismo provincial aposta, un ano máis, por unha educación pública de calidade e, o mesmo tempo, por fomentar a cultura do esforzo .