Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2013

29/08/2013

A TIC continúa a súa labor formativa durante o verán coa participación de bolseiros en medio cento de actividades

  • archivos/fotos/grandes/20130804_011746.jpg

    resurre 1

    resurre 1
  • archivos/fotos/grandes/20130804_023833(1).jpg

    res2

    res2
  • archivos/fotos/grandes/20130804_023833.jpg

    res3

    res3
  • archivos/fotos/grandes/20130804_023927.jpg

    res4

    res4







O 16 de setembro comeza na EIS o curso 2013-2014 con matrícula gratuíta e as 44 prazas de Realización e Produción cubertas por sexto ano consecutivo
A emisión en directo do Resurrection Fest e a elaboración de produtos audiovisuais sobre a provincia son algunhas das prácticas realizadas polo alumnos nos meses estivais

A Fundación TIC realizou preto de 50 actividades no que vai de verán coa participación de alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS), baixo a supervisión de profesionais da entidade. Deste xeito, durante os meses estivais continúa a actividade formativa do organismo dependente da Deputación, cumprindo uns dos seus principais obxectivos: a formación de calidade, coa realización de prácticas en escenarios reais, para favorecer a integración laboral dos seus alumnos.

Entre as actividades da TIC neste período destaca a emisión en directo por streaming de todos os concertos do Resurrection Fest, celebrado do 1 ó 3 de agosto en Viveiro, ó que asistiron máis de 30.000 persoas. O festival foi realizado por un equipo formado por unha vintena de profesionais, bolseiros e alumnos da Escola que quixeron participar nesta práctica, unha ocasión única para coñecer de primeira man o traballo necesario para a realización, emisión e gravación dun evento destas características. Ademais, contribuíuse a unha maior proxección do Festival e á promoción de Viveiro e A Mariña.

Precisamente, a promoción da provincia, das súas actividades festivas e gastronómicas, e dos eventos deportivos e culturais é outro dos obxectivos dos traballos audiovisuais e reportaxes elaborados este verán coa participación dos bolseiros, uns traballos difundidos a través de canles de televisión, radio, xornais dixitais e axencias de noticias.

Cubríronse, entre outras, a Feira de Cantería, Callos e Artesanía de Guitiriz, as festas patronais de Cervantes, a Festa do Marisco de Viveiro, as feiras de artesanía de Viveiro, Castroverde e Ferreira de Pallares (Guntín), a Festa do Emigrante de Pol, a rapa das bestas en Friol, a Concentración de Coches Clásicos do Incio, o concurso de tapas da Fonsagrada e o Día do Mariscal Pardo de Cela en Alfoz. A etnografía e a recuperación de tradicións recolléronse coa gravación das mallas de Meira e Orbazai, o Festival Histórico de Augas Santas, a Romaría Labrega da Chaira ou a II Foliada de Seoane en Antas de Ulla.
Tamén se fixo un seguimento a actividades deportivas como o Criterium Aeronáutico Galicia 2013, a Peregrinación Marítima, o Trofeo Kickboxing Comarca de Ancares, o DHU Vila de Sarria, o Girls Surfing Day, o Anticampionato de surf e o curso de surf para nenos con autismo. Polo que se refire ás actividades culturais, a homenaxe que se rendeu ós músicos do Valadouro, a exposición “100 anos do Heraldo de Viveiro”, a mostra de traxes rexionais en Meira, o Festiclown, a Feira do Libro Antigo e de Ocasión de Lugo e o Amajazz de Burela, así coma unha reportaxe sobre as escavacións na Cova de Eirós, en Triacastela.

O curso 2013-2014 comezará o 16 de setembro coas 44 prazas dos Ciclos Superiores de Realización e Produción cubertas. Este é o sexto ano consecutivo que a EIS completa a matrícula e con lista de espera no apartado de Realización.
Este curso a matrícula volveu ser de balde, agás para os repetidores, grazas ó esforzo económico da Fundación, co obxectivo de facilitar o acceso a un ensino gratuíto de calidade.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet