Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2013

02/09/2013

A TIC colabora de novo coas Autónomas contribuíndo á promoción do comercio lucense co Street Market

-Bolseiros e técnicos da TIC realizarán produtos audiovisuais para difundir a iniciativa coa que Autónomas, Deputación e Concello impulsan a vida comercial no centro da cidade
-Regina Polín destacou a importancia de apoiar un dos sectores máis afectados pola crise que xa provocou o peche de 400 establecementos só na capital
- A feira celebrarase este xoves e nela participarán máis de medio cento de establecementos con descontos do 50% ó 80% nun amplo catálogo de produtos
A Padroa da Fundación TIC e Deputada provincial, Regina Polín, a Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre e a Presidenta da Asociación de Autónomas de Lugo, Nora Real, presentaron esta mañá a terceira edición do Street Market que organiza dito colectivo, en colaboración, co Concello e a Deputación para impulsar a actividade comercial no centro da cidade. A feira, que se celebrará este xoves 5 de setembro, difundirase en diversos medios audiovisuais grazas a unha nova colaboración da TIC cos comerciantes y autónomos lucenses. Deste xeito, técnicos da Fundación coa participación de bolseiros realizarán un amplo DVD así como varios audiovisuais da cita que recollerán o ambiente nas rúas e nos negocios.
Regina Polín destacou a importancia de apoiar desde as institucións iniciativas coma esta que axudan “a impulsar un sector estratéxico na provincia, dos máis afectados pola situación económica actual, e que provocou xa o peche de 400 establecementos tan só na capital”. A Deputada remarcou tamén a intensa colaboración que mantén a TIC coas Autónomas noutros proxectos que desenvolve a asociación ó longo do ano coma a Noite Aberta, a Feira Outlet ou Artesanfroilán, e nos que “sempre participan alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son co fin de aumentar as súas posibilidades laborais”, principal prioridade do único centro da provincia que imparte ensinanza superior da rama audiovisual.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet