Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2013

25/09/2013

A TIC gravará a Gala da Fundación Secretariado Xitano contribuíndo á inserción social e laboral da comunidade

  • archivos/fotos/grandes/TU SI QUE CHANAS.jpg

    Imaxe "Tu si que chanas" 1

    Imaxe "Tu si que chanas" 1
  • archivos/fotos/grandes/TU SI QUE CHANAS 2.jpg

    Imaxe "Tu si que chanas" 2

    Imaxe "Tu si que chanas" 2







-“Ti si que chanas” celebrarase o 28 de setembro no Centro Social de Convivencia de Fingoi para fomentar entre os mozos hábitos saudables e previr a drogodependencia
-Na actualidade, a TIC ten subscrito convenios de colaboración con más dun cento entidades sociais lucenses para difundir as súas actividades

Un equipo de bolseiros da Fundación TIC, supervisados por técnicos auxiliares docentes, gravarán a Gala que a Fundación Secretariado Xitano celebrará o 28 deste mes no Salón de Actos do Centro Social de Convivencia de Fingoi, contribuíndo así a inclusión social e laboral da comunidade xitana. O “Ti sí que chanas”, como se chama a versión xitana do coñecido concurso televisivo de CUATRO, ten como finalidade a prevención da drogodependencia fomentando entre os mozos do colectivo prácticas saudables a través do canto e a danza.

A Fundación TIC, que mantén un convenio de colaboración co colectivo lucense, apoia de novo esta iniciativa a través da elaboración dun DVD que recollerá o concurso íntegro para a súa promoción. Esta participación ademais supón para os titulados que están a realizar a súas prácticas na TIC, un maior contacto co mundo laboral e así aumentar as posibilidades de atopar un traballo no audiovisual ó rematar a súa bolsa de traballo.

30 anos traballando pola integración
A Fundación Secretariado Xitano é unha entidade social que leva 30 anos traballando por favorecer o acceso da poboación xitana á formación e ó emprego. A asociación constituíuse o 20 de abril de 1982 e conta con 800 traballadores e máis de 350 voluntarios en toda España.

A delegación de Lugo atende aproximadamente ó milleiro persoas que forman a comunidade xitana na cidade. Para dito fin, a asociación desenvolve actividades sociais e programas formativos e de emprego en colaboración co Concello de Lugo. É o caso, por exemplo, do programa formativo “Promociona” ou o de emprego “Acceder”.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet