Bolseiros da Fundación TIC realizan un documental sobre el pintor lugués Xoán Guerreiro
- O vídeo proxectarase o venres día 4 de outubro na inauguración da súa última exposición, “Arredores”, no Círculo das Artes
Bolseiros da Fundación TIC realizaron e editaron un documental sobre o pintor Xoán Guerreiro, nado en Xove, no que o artista fala fala da súa traxectoria vital e artística ó tempo que nos amosa a súa obra. O vídeo proxectarase na inauguración da exposición “Arredores” este venres día 4, no Salón Rexio do Círculo das Artes.
“Arredores” recolle unha vintena de cadros en gran formato con paisaxes urbanas, estacións de tren, illas e mares que inspiran ó artista mariñao, e ós que Guerreiro se refire no traballo audiovisual feito pola TIC. A exposición itinerante, que vén de Ferrol, permanecerá aberta ata o día 18 de outubro, para continuar o seu percorrido cara Santiago de Compostela, Vigo e Ourense.