Alumnos da Escola de Imaxe e Son gravan a Noite Aberta
Imaxe Noite aberta 1
Imaxe Noite aberta 2
Imaxe Noite aberta 3
Imaxe Noite aberta 4
- Con este material, elaborarán un DVD e reportaxes, contribuíndo ó impulso dun sector piar da economía luguesa, como é o comercio. Trátase dunha práctica real máis que ofrece a EIS ós estudantes para mellorar a súa formación
Alumnos da Escola de Imaxe e Son da Deputación, o único centro público na provincia que imparte ensinanzas superiores no eido audiovisual, baixo a supervisión de docentes e técnicos da Fundación TIC, gravaron este xoves a Noite Aberta. Con este material, elaborarán un DVD, contribuíndo a súa promoción.
O organismo provincial colabora deste xeito coa Asociación de Autónomas de Lugo na celebración da cuarta edición desta cita, potenciando un sector piar para a economía luguesa, como é o comercio. A gravación da Noite Aberta enmárcase na programación de prácticas reais que ofrece a EIS ós estudantes para mellorar a súa formación.
Esta colaboración da institución coas autónomos luguesa a través da Fundación TIC súmase a outras como a Feira Oulet ou o Street Market, ó abeiro do convenio asinado para potenciar as actividades que organiza en prol do comercio e dos autónomos. Na actualidade, a TIC colabora con máis dun cento de asociacións sen ánimo de lucro.