Éxito de público da campaña I´m from Lugo na que colaboran alumnos e bolseiros da TIC durante todo o San Froilán
-A carpa, situada nun lateral da Casa Consistorial, seguirá aberta ata o 13 de outubro en horario de 17:30 a 19:30 de luns a venres, e de 12:30 a 14:30 e 17:30 a 19:30 o sábado e o domingo
Centos de lucenses e visitantes achegáronse durante a primeira fin de semana do San Froilán 2013 á carpa onde bolseiros e alumnos de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son (EIS) están a realizar prácticas dentro da campaña I´m from Lugo, que apoia a Fundación TIC a través dun convenio co grupo El Progreso.
Os alumnos fotografan a todos os participantes. Cada unha destas fotografías ilustra unha portada personalizada que aparece publicada o mesmo día na edición dixital do xornal acompañada dun breve texto. Os estudantes inxiren a imaxe da web de El Progreso nunha memoria USB con forma de pulseira, co lema I´m from Lugo, que se entrega ós participantes na iniciativa.
A carpa, situada no lateral da Casa Consistorial, estará aberta ate o domingo 13 de outubro. O horario será, de luns a venres, de 17:30 a 19:30, e o sábado e domingo de 12:30 a 14:30 e de 17:30 a 19:30 horas.