Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2013

30/10/2013

O pediatra Carlos González, nas Xornadas de Crianza con Apego que comezan esta tarde en Lugo co apoio da TIC

  • archivos/fotos/grandes/Imagen1.jpg

  • archivos/fotos/grandes/Imagen3.jpg

  • archivos/fotos/grandes/la foto 1.JPG

  • archivos/fotos/grandes/la foto 2.JPG







-O autor do best seller “Un regalo para toda la vida. Guía de la lactancia materna” impartirá dúas conferencias hoxe e mañá no Pazo de Feiras e Congresos

- Bolseiros da TIC participarán na gravación do encontro que organizan Bico de Leite e Medrando en Lugo grazas ó convenio con estas dúas asociacións sen ánimo de lucro

- Regina Polín destaca o labor da TIC na “difusión dos consellos que impartirá este prestixioso pediatra defensor da lactación materna e a crianza con apego”

O prestixioso pediatra Carlos González, fundador e presidente da Asociación Catalá Pro Lactación Materna, estará hoxe e mañá en Lugo para participar nas Xornadas de Crianza con Apego que organizan as asociacións lucenses Bico de Leite e Medrando en Lugo e que gravará a Fundación TIC coa participación de bolseiros.

A patroa da TIC e Deputada de Artesanía e Deseño, Regina Polín, dixo que “grazas ó convenio que vimos de asinar con estas dúas organizacións sen ánimo de lucro, daremos unha maior difusión ós consellos de Carlos González, que é un dos máximos expoñentes en métodos coñecidos como crianza con apego”.

Carlos González impartirá dúas conferencias. A primeira, titulada “Necesidades afectivas dos nenos e nenas”, será hoxe martes ás 17:00 horas, e a segunda, “Alimentación infantil”, mañá mércores ás 17:30 horas. O prezo para asistir é de 15 euros para familias socias e de 20 para as non socias.

Asociacións sen ánimo de lucro

Con respecto a estes dous novos convenios de colaboración da TIC, Polín subliñou “que estas dúas organizacións sen ánimo de lucro súmanse ós 110 acordos que a TIC xa ten asinados con outras asociacións e empresas co obxectivo de difundir ó traballo que desenvolven en favor da sociedade lucense”. A padroa da TIC tamén quixo destacar “a importancia que este tipo de colaboracións ten para a formación dos nosos alumnos e titulados, xa que supoñen unha ocasión inmellorable para formarse no sector audiovisual realizando prácticas en escenarios reais”.

Autor de best seller sobre crianza con apego
O pediatra Carlos González é autor de libros best sellers como “Un regalo para toda la vida. Guía de la lactancia materna”, “Bésame mucho” ou “ Mi niño no me come”. Para este famoso doutor, a crianza dos nenos baséase en cubrir as súas necesidades afectivas. Desde 1992 leva impartido máis de 100 cursos sobre lactación materna para profesionais sanitarios. Traducíu diversos libros sobre o tema, ademais de ser responsable do consultorio sobre lactacion materna da revista Ser Padres.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet