Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

17/01/2014

A TIC apoia as vocacións científicas entre os alumnos de secundaria colaborando co proxecto Una cebra en el agua

  • archivos/fotos/grandes/_MG_2208.JPG

  • archivos/fotos/grandes/SIN BRILLO.jpg







-A Fundación colaborará por segundo ano consecutivo con esta iniciativa promovida polo campus de Lugo da USC na que participarán 36 centros de Galicia, 9 por provincia
-Santos amosou a súa satisfacción “por contribuír desde a TIC ó éxito da experiencia piloto e achegar o mundo da investigación ós rapaces”
-O proxecto, que se desenvolve nas aulas cun acuario con peces cebra e un simulador pedagóxico, foi galardoado cun dos primeiros premios #Inlugo da Deputación

A Fundación TIC da Deputación de Lugo colaborará por segundo ano consecutivo co proxecto Una cebra en el agua, unha iniciativa que promoven o grupo Acuigen do Departamento de Xenética da USC e Inteligencia Visual para achegar o mundo da investigación ós alumnos de Educación Secundaria en Galicia. O patrón da TIC e Deputado de Cooperación cos Concellos, Álvaro Santos, destacou “a importancia de participar nun proxecto que ten entre os seus obxectivos incentivar as vocacións científicas entre os rapaces a través dunha ferramenta tecnolóxica pioneira e de aprendizaxe experimental dentro das aulas”.

Álvaro Santos participou este venres na presentación da segunda edición de Una cebra en el agua, que tivo lugar no campus de Lugo. Tamén asistiron a directora do proxecto, Laura Sánchez Piñón, representantes de Ingeligencia Visual e do grupo Acuigen, así como de GENEAQUA e a Fundación Barrié que, xunto a TIC, colaboran no proxecto. Tralo éxito do proxecto piloto, esta nova convocatoria esténdese a alumnos de 4º de ESO de 36 centros, 9 por provincia. Santos amosou a súa satisfacción “por contribuír desde a Fundación ó éxito desta experiencia que se puxo en práctica o ano pasado, e no que participaron 20 centros, 5 deles da provincia de Lugo”.
A colaboración da TIC
O proxecto desenvólvese nas aulas mediante un acuario con peces cebra e un simulador pedagóxico, é dicir, un laboratorio virtual, apoiado por accións nun obradoiro de formación ó profesorado de secundaria impartido por profesores investigadores do departamento de Acuigen coa finalidade de que adquiran as habilidades necesarias para levar a cabo a iniciativa.

A Fundación tivo unha participación destacada e moi útil para garantir o seu éxito, xa que gravou estes cursos, que despois se subiron ó portal web www.unacebraenelagua.es para que alumnos e profesores dos centros educativos coñezan o desenvolvemento dos experimentos. Tamén se gravaron as visitas ós centros da provincia de Lugo que participaron na primeira edición para comprobar como tiñan a aula ou como alimentaban ós peces cebra, imaxes que están colgadas en youtube.
Por que o pez cebra
O pez cebra é, xunto ó rato, o vertebrado modelo para a experimentación en diversas áreas como biomedicina, acuicultura e alimentación, xa que é unha especie de fácil manexo, descendencias numerosas e tempo xeracional curto. Ademais, a súa xenética é ben coñecida e ten unha gran similitude co xenoma humano. A posibilidade de utilizar nas aulas especies animais que permiten poñer en práctica de maneira sinxela o método científico e coñecer, ó mesmo tempo, novas tecnoloxías biolóxicas para a experimentación facilita o achegamento do mundo da investigación ós estudantes de Secundaria.
Premio #Inlugo
Intelixencia Visual foi, precisamente, un dos galardoados nos primeiros premios #Inlugo, que impulsa a Deputación, por ser un dos promotores de Una cebra en el agua. Estes galardóns teñen por obxectivo recoñecer a persoas ou organizacións que destacan no bo emprego da internet e das novas tecnoloxías. O premio recaeu no apartado de tecnoloxía.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet