Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

10/02/2014

O In Lugo promove o uso responsable das novas tecnoloxías para navegar seguros pola rede

- O Centro de Innovación Social organiza este martes ás 19:00 horas unha sesión informativa gratuíta dirixida especialmente ós maiores, que impartirá un inspector do Corpo Nacional de Policía
- Calquera internauta pode protexerse seguindo pautas sinxelas de seguridade nas compras on line, no uso do correo electrónico e das redes sociais

O Centro de Innovación Social In Lugo, que xestiona a Fundación TIC, celebrará o vindeiro 11 de febreiro, Día Internacional da Internet Segura, unha sesión informativa gratuíta sobre o uso responsable das novas tecnoloxías dirixida ó público en xeral, e especialmente ós maiores da provincia. A charla, que dará comezo as 19:00 horas, na sede do In Lugo, será impartida polo inspector Jesús López, da oficina de Participación Cidadán da Comisaría do Corpo Nacional de Policía de Lugo.

Este ano, a data celébrase baixo o lema Xuntos Podemos Facer unha Internet Mellor, en mais de 70 países de todo o mundo, dirixida a frear a fenda dixital, a través do diálogo e o traballo entre xeracións.

Recomendacións básicas
A iniciativa pretende aconsellar e ofrecer pautas sinxelas de seguridade á hora de realizar compras on line, de utilizar o correo electrónico e as redes sociais. Calquera internauta pode protexerse dos riscos da navegación pola rede seguindo as indicacións precisas sobre os pagos con tarxeta bancaria, o uso do router e dos contrasinais.

Entre as normas básicas para realizar operacións bancarias, os especialistas da Policía Nacional aconsellan non utilizar ordenadores públicos, ni redes wifi gratuítas, xa que ós estafadores resúltalle mais fácil acceder ós datos neste tipo de entorno. Outras das recomendacións son non introducir o número de tarxeta en páxinas web de dubidosa confianza, e comprobar que na barra de direccións do navegador hai un cadeado.

Mellorar a autonomía persoal
A Fundación TIC, a través do Centro de Innovación Social In Lugo, mantén unha intensa labor co fin de impulsar as novas tecnoloxías no ámbito persoal e laboral dos lucenses. A programación dirixida especialmente ás persoas maiores busca a promoción da súa autonomía persoal e a mellora das súas capacidades cognitivas e funcionais. No primeiro trimestre deste ano, no In Lugo desenvolveranse 25 accións formativas, ás que poden acceder 312 maiores da provincia


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet