Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2009

15/12/2009

O Padroado da Fundacion TIC aproba o Plan de Actuación e os presupostos para o ano 2010

  • archivos/fotos/grandes/_MG_0170.jpg

    Reunión do Padroado

    Reunión do Padroado
  • archivos/fotos/grandes/_MG_0159.jpg

    O padroado no arquivo audiovisual da CPP

    O padroado no arquivo audiovisual da CPP
  • archivos/fotos/grandes/_MG_0145.jpg

    Os alumnos do EIS realizando prácticas durante a visita do Padroado

    Os alumnos do EIS realizando prácticas durante a visita do Padroado
  • archivos/fotos/grandes/IMG_7813.jpg

    Rolda de prensa do Presidente da Fundación TIC

    Rolda de prensa do Presidente da Fundación TIC







O Padroado aprobou o orzamentos de máis de 1,5 millóns de euros para 2010, a mesma cantidade deste ano
Gómez Besteiro destacou que “neste momento de crise apostamos pola contención do gasto, pero optimizando ó máximo os recursos”





O Padroado da Fundación TIC aprobou este martes o presuposto do ano que vén, así como o Plan de Actuación da Escola de Imaxe e Son e do Centro de Produción de Programas. O orzamento de 2010 ascende a 1.570.955 euros, a mesma cantidade que en 2009.

O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, destacou que “neste momento económico apostamos pola contención do gasto, pero optimizando ó máximo os recursos dos que dispoñemos. Por iso, un dos nosos obxectivos é impulsar ó máximo a relación da Escola e o Centro de Produción de Programas”.

Gómez Besteiro afirmou que as prioridades da Fundación se centran na procura de novas fórmulas que faciliten a inserción laboral dos alumnos da única Escola de Imaxe e Son da provincia, na colaboración cos Concellos e en concluír a renovación integral das instalacións da Fundación TIC.

Colaboración cos Concellos
Nas últimas semanas, iniciouse unha campaña de información entre os Concellos lucenses, “ofrecendo asesoramento técnico e poñéndonos á súa disposición para producir contidos que os promocionen economicamente e que contribúan á implantación da TDT”, adiantou Gómez Besteiro.

A Fundación TIC está a traballar para ofrecer apoio os Concellos na posta en marcha das súas televisións locais co fin de facilitarlles os recursos necesarios para crear contidos audiovisuais de calidade. “Aí temos un nicho de traballo de primeira orde, que marcará o orzamento do 2010”.

Renovación das instalacións
Para facer posibles os dous obxectivos anteriores, o ano que vén concluirá a renovación integral das instalacións do Centro de Produción da Fundación TIC.

Nestas instalacións crearase o primeiro fondo documental audiovisual da provincia de Lugo, con cargo ó presuposto do 2010 que tamén contempla a dixitalización do arquivo actual da Fundación TIC.

E a primeira vez que o Padroado se reúne nas instalacións do Centro de Produción da Fundación TIC. O Presidente e os membros do Padroado puideron percorrer as novas instalacións coma o arquivo audiovisual e a nova redacción do Centro de Produción de Programas, onde coincidiron tamén cos alumnos da Escola de Imaxe e Son que estaban a facer prácticas.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet