Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2009

16/12/2009

Nace o primeiro diccionario en galego das TIC

digaticdigatic

DIGATIC, un diccionario via web, recolle os térmos relacionadas coas Tecnoloxías de Información e Comunicación en galego.

O dicionario galego das TIC é froito dunha iniciativa conxunta da Xunta e da Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicacións de Galicia, desenvolvida coa colaboración da Universidade de Vigo e da Real Academia Galega. Trátase dun compendio documental de referencia que aglutina os termos conceptuais que expresan o amplo universo das TIC e da Sociedade da Información, reunindo máis de 4.000 vocablos.

Pretende divulgar a terminoloxía das novas tecnoloxías en galego e ser, ademais, unha ferramenta pedagóxica para o seu emprego e difusión no ensino e entre a cidadanía en xeral.

Ademáis do volume físico, os usuarios poderán acceder ao diccionario via internet na seguinte dirección:
DIGATIC


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet