Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

08/04/2014

Escolares franceses de La Rochelle visitan as instalacións da TIC

- Alumnos de secundaria procedentes de cidade francesa participaron nun Ticodiario dentro do programa de visitas didácticas organizadas pola Fundación TIC
-Coñeceron de preto como se realiza un programa de televisión e presentaron o seu propio informativo

Un grupo de 30 alumnos de entre 15 e 17 anos e 4 profesores procedentes do centro Lycee Jean Daudet, da cidade francesa deLa Rochelle, visitaron este luns as instalacións da Fundación TIC dentro do programa de visitas didácticas que organiza a entidade para achegar as novas tecnoloxías ós máis novos dun xeito lúdico.
Os estudantes están en Lugo con motivo dun intercambio de estudos co IES Virxe dos Ollos Grandes.Ademais de coñecer a Escola de Imaxe e Son, os estudantes participaron na gravación dun Ticodiario, un programa informativo con noticias reais. Ó final da xornada, cada un deles levou unha copia do informativo no que participaron activamente.
Centros educativos de toda a provincia
Os Ticodiarios forman parte do programa de visitas ás instalacións da Fundación que teñen por obxectivo abrir as súas portas á sociedade e achegar o uso das novas tecnoloxías ós habitantes da provincia. Os destinatarios son rapaces e mozos que poden coñecer o traballo que desenvolve a TIC así como os ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual.

No que va de ano, 26 centros educativos de Lugo e provincia participaron nesta iniciativa da TIC e outros 11 centros mais terán a oportunidade de facelo antes do remate dio curso escolar.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet