Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

09/04/2014

Gómez Besteiro anunciou unha nova convocatoria de 366 prazas gratuítas para 30 cursos de formación en TICs para maiores

  • archivos/fotos/grandes/1777__MG_2678.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1777__MG_2697.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1777__MG_2745.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1777__MG_2747.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1777__MG_2781.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1777__MG_2883.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1777_w.jpg







- Estes cursos e obradoiros organizados pola Fundación TIC ofrecerán 157 horas de formación gratuíta no Centro de Innovación Social InLugo e noutros Concellos da provincia a partires do 21 de abril. Máis información e inscricións en www.deputacionlugo.org
- O Presidente fixo entrega dos diplomas de asistencia ós participantes nas últimas 25 accións formativas deseñadas para mellorar a calidade de vida dos maiores lucenses, 600 dos cales xa tomaron parte nesta programación dende a súa posta en marcha o pasado ano

O Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, deu conta esta mañá dunha nova oferta de cursos de formación gratuíta en novas tecnoloxías para os maiores da provincia, que se celebrarán a partires do 21 de abril ata mediados do mes de xuño. Pensada co obxectivo de aumentar a súa autonomía, mellorar as súas capacidades funcionais e previr o deterioro cognitivo dos lucenses de máis idade, esta formación adoita acadar un enorme éxito entre os participantes xa que o seu marcado enfoque práctico permítelles incorporar facilmente ó seu día a día todo o aprendido.

Gómez Besteiro subliñou que “a idade non debe ser un impedimento para aproveitar as infinitas posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías”, destacando que os case 600 participantes nalgunha das 50 accións formativas deste tipo postas en marcha dende o pasado ano “permitiron ós seus participantes aprender a realizar tarefas cotiás dun xeito máis sinxelo e rápido grazas ás novas tecnoloxías e ó emprego de dispositivos electrónicos, ó tempo que aumentou a súa autonomía e calidade de vida”.

Esta nova convocatoria de 30 cursos gratuítos, que suman 157 horas e 366 prazas e que se desenvolverán en Lugo e noutros Concellos da provincia, son os seguintes:
- Manéxate coas novas tecnoloxías. Coñece o teu ordenador. Neste caso están organizadas 3 edicións.
- Manéxate coas novas tecnoloxías. Coñece a túa tablet. Neste caso tamén están organizadas 3 edicións.
- Realizar copias de arquivos.
- Atréveste con Internet? Axudámosche (Aprendemos a usar o ordenador e a navegar por Internet). Programadas 3 edicións, unha delas pensada para persoas con dificultades auditivas.
- O carteiro en Internet. Que é o correo electrónico?. Ofrecerá 2 edicións
- Organízate co teu móbil. Nivel I. Neste caso programáronse 2 edicións
- Avanza e coñece o que podes facer co teu smartphone. Nivel II.
- Que son as redes sociais? Descubre Facebook.
- Twitter e outras redes sociais.
- Iníciate no ingles: aprende a seguir un curso de inglés online
- Aprende a empregar e consultar os tradutores e diccionarios online
- Aprende, comparte e retoca as túas fotografías (Conceptos básicos de fotografía dixital)
- Mantemos en forma o cerebro (Memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva coa Wii). Neste caso programáronse 2 edicións.
- Obradoiro Xogamos coa mente (estimulación cognitiva co ordenador). Neste caso programáronse 2 edicións.
- Ximnasia mental coa tablet (Memoria, atención e outras capacidades: estimulación cognitiva coa tablet). Neste caso programáronse 2 edicións.
- Xogamos co corpo (Actividade física para mariores: estimulación funcional e motriz coa videoconsola Wii)
- Movémosnos e xogamos (Actividade física para maiores: estimulación funcional e motriz con Kinect e videoconsola X-Box)

Os interesados en participar, poden inscribirse a través da páxina www.deputacionlugo.org, na que atoparán máis información acerca de datas e horarios de celebración. Do mesmo xeito, poden poñerse en contacto no teléfono 982-225-186. Tendo en conta que as prazas son limitadas, as inscricións realizaranse por rigorosa orde de solicitude.

Entrega de diplomas
No mesmo acto, Gómez Besteiro fixo entrega dos diplomas acreditativos de asistencia ós participantes nas 25 accións formativas que veñen de rematar e coas que a Deputación de Lugo xa fixo posible que case 600 maiores da provincia perdan o medo ás novas tecnoloxías. Esta última convocatoria puxo a disposición dos lucenses de máis idade un total de 312 prazas para participar en 18 cursos e 7 obradoiros, que ofreceron 142 horas de formación, eminentemente prácticas, con cursos como Organízate co teu móbil; Atréveste con Internet? Axudámosche, ou O carteiro en Internet Que é o correo electrónico, e obradoiros como Ximnasia mental coa tablet ou Movémonos e xogamos (estimulación motriz con Kinect-Xbox). Ademais, tal e como destacou o Presidente, estas accións formativas tamén puideron ser aproveitadas ó máximo por persoas con dificultades sensoriais; de feito, 10 dos participantes foron persoas xordas, e 2 delas cegas.

O bo resultado acadado con estes cursos quedou patente co testimonio dalgún dos lucenses que hoxe recibiron os seus diplomas, como Manuela Morado, quen salientou que logo de recibir formación no InLugo, no que foi a súa primeira experiencia coa informática, a día de hoxe xa conta un ordenador na súa casa e comparte moito do seu tempo de ocio diante do ordenador coa súa neta, coa que tamén fala por medio de Internet.




< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet