Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2009

30/12/2009

Medio millar de persoas asistiu á estrea do docudrama sobre a espía lucense Araceli González

  • archivos/fotos/grandes/_MG_0707.JPG

    O presidente da Deputación xunto con José Cora reciben a actriz protaginista e a súa familia

    O presidente da Deputación xunto con José Cora reciben a actriz protaginista e a súa familia
  • archivos/fotos/grandes/_MG_0698.JPG

    O presidente, Gómez Besteiro, o actor Ramón Saqués, que da vida a Juan Pujol e o director do docudrama, José de Cora

    O presidente, Gómez Besteiro, o actor Ramón Saqués, que da vida a Juan Pujol e o director do docudrama, José de Cora
  • archivos/fotos/grandes/_MG_0781.JPG

    O público durante a estrea entre os que se ve a Mara MIñano, que da vida a Araceli

    O público durante a estrea entre os que se ve a Mara MIñano, que da vida a Araceli
  • archivos/fotos/grandes/_MG_0763.JPG

    O salón de actos do Pazo de San Marcos nun momento da presentación de "Hitler, Garbo e Araceli"

    O salón de actos do Pazo de San Marcos nun momento da presentación de "Hitler, Garbo e Araceli"
  • archivos/fotos/grandes/_MG_0764.JPG

    As cámaras da FUNDACION TIC recolleron a presentación deste docudrama

    As cámaras da FUNDACION TIC recolleron a presentación deste docudrama







'Hitler, Garbo... e Araceli', que dirixiu José de Cora, presentouse en primicia na Deputación de Lugo ante a sociedade luguesa.
A Fundación TIC apoiou económica e tecnicamente na rodaxe, na que traballaron alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son



Medio millar de persoas asistiu este mércores, no Pazo de San Marcos, á estrea do docudrama 'Hitler, Garbo... e Araceli', que realizou o director de Lugopress, José de Cora. O Presidente da Deputación e da Fundación TIC, José Ramón Gómez Besteiro, na compaña do director da película, foi o encargado de dar a benvida ós convidados á premier, que abarrotaron os dous salóns nos que se instalaron senllas pantallas para á proxección.

Gómez Besteiro deu as grazas ó público “por estar con nós, xa que a ocasión ben o merece. Lugo convértese por un día no Hollywood galego, hoxe a nosa cidade é a capital do audiovisual de Galicia”.

Na súa intervención, o Presidente da institución provincial destacou a calidade do documental, “un apaixoante proxecto audiovisual sobre a vida da espía lucense Araceli González, co que colaboramos a través da Fundación TIC e os alumnos da Escola de Imaxe e Son”. Recuperamos a memoria histórica de Araceli e o seu marido, o espía español máis famoso de todos os tempos, que foron vitais na derrota do nazismo no desembarco de Normandía, que supuxo o principio do fin da Segunda Guerra Mundial”.

Á estrea da película acudiron os actores lucenses protagonistas: Mara Miñano, que interpretou á espía de Coeses e Ramón Saqués, no papel do seu marido, o dobre espía Juan Pujol, máis coñecido como “Garbo”, xunto ó resto do elenco. Entre os cincocentos figurantes que participaron no filme atópanse ademáis do propio Presidente da Deputación, o Alcalde de Lugo, José López Orozco; o Vicepresidente primeiro da institución provincial; Antón Bao e o Comisario xefe provincial, Máximino Losada, entre outros representantes da vida política, cultural e social de Lugo. Todos os personaxes e numerosos convidados posaron ante o photocall instalado na entrada do Pazo de San Marcos.

Gómez Besteiro aventurou que o ano 2010 será “o ano das Murallas, porque ademais do décimo aniversario da Declaración do monumento Patrimonio da Humanidade, no que o Alcalde de Lugo está volcado, será tamén o ano de Araceli, unha muller que tampouco se deixaba derrubar”.

O apoio da Fundación TIC

O Presidente provincial lembrou que desde a primeira conversa con José de Cora, “na Fundación TIC namorámonos do proxecto e non podiamos quedar á marxe, tendo en conta que está realizado pola empresa audiovisual Lugopress, rodado na na súa maior parte aquí, e que fai tributo a Lugo e a súa provincia. Dende a Fundación TIC colaboramos económica e tecnicamente neste documental pero para nós o máis importante era que os nosos alumnos se estreasen no mundo laboral, baixo a dirección dun profesional de luxo”, engadiu.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet