Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

11/04/2014

Máis de 60 alumnos franceses participaron esta semana nas visitas didácticas da Fundación TIC

  • archivos/fotos/grandes/1782_DSC_0178.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1782_DSC_0189.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1782_DSC_0205.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1782_DSC_0210.JPG







- Os estudantes de secundaria das cidades de Redon e La Rochelle visitaron as instalacións da entidade e participaron nos Ticodiarios
- Os dous grupos están en Lugo con motivo de intercambios de estudos co colexio San José e o IES Virxe dos Ollos Grandes

Dous grupos de alumnos de secundaria de Francia visitaron esta semana as instalacións da Fundación TIC. Este venres foron os estudantes do Lyceé Saint Sauver de Redon, na Bretaña, e o luns os do Lyceé Jean Daudet de La Rochelle, na rexión de Poitou-Charentes.

Na visita de hoxe participaron 32 estudantes de 16 anos e 4 profesores de Redon, que están en Lugo con motivo dun intercambio de estudos co colexio San José de Lugo. Durante a actividade didáctica, coñeceron de primeira man todo o proceso para a realización dun programa de televisión e presentaron un Ticodiario, un informativo que inclúe noticias reais e unha enquisa realizada polos propios alumnos. Ó final da visita, cada un deles levou unha copia do programa.

O grupo do luns, de La Rochelle, formado por 30 alumnos de entre 15 e 17 anos e 4 profesores, tamén coñeceu a función de cada departamento dun medio audiovisual e participaron activamente na execución do Ticodiario

Centros educativos de toda a provincia
Os Ticodiarios forman parte do programa de visitas á Fundación e teñen por obxectivo abrir as súas portas á sociedade e achegar o uso das novas tecnoloxías ós máis novos dun xeito lúdico. Os destinatarios son nenos e mozos que, deste xeito, poden coñecer o traballo que desenvolve a TIC así como os ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual. No que vai de ano, 26 centros educativos de primaria e secundaria participaron nesta iniciativa da TIC e outros 11 máis terán a oportunidade de facelo antes do remate o curso escolar.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet