Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

19/04/2014

A TIC titoriza a curta Sara que rodan esta ponte titulados da Escola de Imaxe e Son

rodaxe Sararodaxe Sara

A rodaxe desenvolverase entre o 17 e o 19 de abril nas localidades de Lugo e Sarria e estará aberta á participación de calquera interesado o sábado ás 10:00 horas na zona da Avenida de Madrid
A Fundación apoia o proceso de elaboración e promoción do proxecto dentro do seu obxectivo de fomentar a cultura emprendedora entre os alumnos da EIS

A TIC titoriza o proceso de elaboración e promoción da curtametraxe Sara, un proxecto de alumnos e titulados da Escola de Imaxe e Son (EIS), que se rodará do 17 ó 19 de abril nas localidades de Lugo e Sarria. A Fundación aportará axuda técnica, a participación dun bolseiro e o asesoramento durante o percorrido da curta polo circuíto de concursos.

Esta actuación da TIC forma parte do seu obxectivo de fomentar a cultura emprendedora entre os alumnos da EIS como vía de inserción laboral no mercado audiovisual. O proxecto tamén conta coa colaboración da Deputación e do instituto Xograr Afonso Gómez de Sarria.

Protagonistas e extras
Sara é unha curta dramática sobre relacións humanas, nun mundo distópico, tras unha guerra nuclear. Estará dirixida por Diego Villanueva que, con Jesús Silvosa, é autor do guion. Vanesa Abraldes, Beatriz Meilán e Marcos Codesal serán os actores principais.

Ademais, o sábado a rodaxe estará aberta á participación, como extra, de calquera interesado. Será ás 10:00 horas no parque situado entre a Avenida de Madrid e o Paseo dos Estudante de Lugo, durante a escena que protagoniza a Charanga Madialeva. O único requisito é vestir roupa escura.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet