Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

24/04/2014

En directo dende esta web, a partir das 11:00 horas, o III Concurso Lucus Intercentros dende o IES Muralla Romana

20142014

- Alumnos de 2º da Escola de Imaxe e Son realizan o streaming con cinco cámaras, dende unha unidade móbil, co fin de que os estudantes dos centros participantes poidan seguir en tempo real o evento desde as aulas
- A Fundación e o instituto Muaralla Romana manteñen unha estreita colaboración que se intensificou nos últimos anos e que inclúe a edición de un DVD sobre o certame

A emisión en streaming permite que os alumnos e profesores dos sete institutos participantes vexan o concurso en tempo real desde as aulas, e que calquera persoa interesada poida seguilo dende un ordenador ou dispositivos móbiles. Ademais, coas imaxes gravadas, os estudantes da EIS editarán un DVD que se entregará ós centros educativos da capital co fin de divulgar esta actividade.

A colaboración entre a Fundación TIC e o IES Muralla Romana xurde ó abeiro dun convenio entre ambas entidades, que ten como finalidade promover as ensinanzas que se imparten no instituto lugués, ó tempo que os estudantes do único centro da provincia que imparte formación profesional no eido audiovisual completan a súa formación.

Compartir coñecementos
O III Concurso Lucus Intercentros forma parte das actividades incluídas nas XI Xornadas de Interrelación Curricular, que organiza o IES Muralla Romana co fin de poñer en contacto ós alumnos e docentes dos sete institutos de educación secundaria públicos da capital. Ademais da TIC, colaboran a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón e o CIFP Politécnico de Lugo.
O concurso desenvolvese en sete fases eliminatorias. Cada centro presenta un equipo formado por 3 alumnos de primeiro de bacharelato, que se someterán ás preguntas de cultura xeral elaboradas polos profesores dos distintos departamentos do Muralla Romana. O certame seguirá un formato dixital para recibir e dar resposta ás preguntas a través de ordenadores.
O certame rematará coa entrega de premios ós estudantes que amosen un maior nivel de coñecemento. Os membros dos equipos vencedores recibirán diferentes dispositivos electrónicos como agasallo.
O seguimento da TIC
A emisión en tempo real na internet, streaming, das actividades promovidas pola Deputación e entidades coas que colabora a TIC foi en aumento no último ano. Esta práctica dos alumnos da EIS fixo posible, por exemplo, ver en directo e íntegras todas as sesións plenarias da Corporación e dar unha maior proxección a actividades desenvolvidas na provincia como o Foro de Redes Sociais # InLugo, os tres días do Resurrection Fest de Viveiro, os Campionatos de Baristas de Foz ou o ciclo de conferencias Galicia en clave Económica.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet