Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

05/06/2014

Alumnos da TIC gravan unha mesa redonda sobre o futuro do SNS para a súa emisión en Telelugo

  • archivos/fotos/grandes/1892_D77K0476.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1892_D77K0486.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1892_D77K0492.JPG

  • archivos/fotos/grandes/1892_D77K0498.JPG







-Grazas a esta actividade, froito do convenio de colaboración co grupo El Progreso, o alumnado practica nun escenario real a realización dun programa de televisión
-Expertos e voceiros de Sanidade no Congreso dos Deputados analizaron os retos do Sistema Nacional de Saúde

Alumnos e bolseiros da Fundación TIC, coa supervisión de técnicos, gravaron este xoves a Mesa sobre Sostibilidade e Futuro do Sistema Nacional de Saúde (SNS) organizada polo grupo El Progresoe na que participaron expertos do sector e os voceiros de Sanidade dos partidos con máis representación no Congreso dos Deputados. A gravación do debate, que tivo lugar nas instalacións da rotativa do diario, será emitida por Telelugo a semana que vén.
A realización e gravación deste debate é froito do convenio de colaboración co grupo El Progreso e serve de práctica nun escenario real ós alumnos e titulados da Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual. Para este traballo, os estudantes da Escola empregaron tres cámaras e acometeron todas as tarefas de son e realización necesarias para un programa de televisión.
Participantes no debate

Moderada polo xornalista Javier Rivera, na mesa de debate participaron os seguintes convidados: a presidenta do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Lugo, Ana Prieto; o presidente do Colexio Oficial de Médicos, Manuel Boquete; a presidenta do Colexio Oficial de Enfermería de Lugo, Lourdes Bermello; a presidenta do Consello Xeral de Colexios Oficiais de Farmacéuticos, Carmen Peña; o presidente o Consello Xeral de Colexios Oficiais de Médicos, Juan José Rodríguez Sendín; o xerente da Xerencia Integrada de Lugo, Antonio García Quintáns; o presidente da Agrupación Mutual Aseguradora, Diego Murillo; o voceiro de Sanidade da IP no Congreso, Gaspar Llamazares; o voceiro de sanidade do PSOE no Congreso, José Martínez Olmos; o deputado do PP no Congreso, José María Alonso, o director de comunicación e relacións institucionais de TEVE, Rafael Borras e a médica de Atención Primaria, Pilar Rodríguez Ledo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet