Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

24/06/2014

Gómez Besteiro entrega o vídeo musical da campaña solidaria Caminando con Saúl Cancio realizado pola TIC

  • archivos/fotos/grandes/1961_D77K3207(1).JPG

    saul

    saul
  • archivos/fotos/grandes/1961_D77K3229.JPG

    saul

    saul







O Presidente fixo entrega de copias a Saúl e a cada un dos 18 escolares do colexio María Auxiliadora que participaron no lipdub no que cantan a canción Un millón de amigos
O audiovisual divulgarase en Internet e redes sociais co fin de recadar fondos para o custoso tratamento do neno, que sofre unha enfermidade rara que lle impide camiñar
O traballo foi gravado e editado por alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son da TIC, dentro das prácticas que ofrece o único centro da provincia no eido audiovisual

O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, fixo entrega, nun acto que tivo lugar hoxe no Salón de Actos do Pazo de San Marcos, do vídeo musical de promoción da campaña solidaria Caminando con Saúl Cancio, realizado pola Fundación TIC que colabora nesta iniciativa. Gómez Besteiro achegou cadansúas copias deste material audiovisual a Saúl e ós seus compañeiros de clase, todos eles de entre 5 e 6 anos, alumnos de 3º de Educación Infantil do Colexio María Auxiliadora de Lugo. Todos eles participaron xunto o neno na posta en escena dun lipdub no que cantan a canción Un millón de amigos, de Roberto Carlos.
O traballo foi gravado e editado por alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son, co apoio do persoal técnico da Fundación TIC, nas instalacións do Centro de Produción e Programas (CPP), dentro das prácticas que ofrece o centro educativo ós estudantes co fin de aumentar as súas futuras posibilidades laborais.
Un vídeo viral para recadar fondos
Os responsables da iniciativa, que partiu dun grupo de pais e nais dos compañeiros de clase de Saúl, divulgarán o audiovisual en Internet e en diferentes redes sociais para dar a coñecer a situación que vive Saúl Cancio: o neno, que na actualidade ten 6 anos, naceu cun retraso psicomotor sen diagnosticar que lle impide camiñar.
A finalidade desta campaña é sensibilizar ó maior número de persoas mediante o visionado deste vídeo, para que así aporten fondos na medidas das súas posibilidades e axuden ós pais do neno a sufragar os elevados custes do tratamento que lle pode axudar a mellorar a súa calidade de vida.
Todos os que queiran axudar a Saúl poden facelo con tan só un euro ó mes a través da web www.teaming.net/caminandoconsaulcancio.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet