Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Especiais » Visitas km0

03/02/2010

km0. A Asociación da Terceira Idade de Bretoña-Pastoriza na Fundación TIC

No marco das visitas do programa km0, 48 persoas de Bretoña e Pastoriza descubriron o traballo que se está a realizar na Fundación TIC, na Escola de Imaxe e Son e no Centro de Produción de Programas.

A xornada comezou co recepción no Pazo de San Marcos sede da Deputación de Lugo e dende alí trasladáronse ata o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC onde asistiron as explicacións sobre os segredos da Televisión.

A Asociación da Terceira Idade acolleuse a este ambicioso programa da Deputación de Lugo que permite a tódolos colectivos interesados coñecer as instalacións pertencentes a este organismo provincial e facer unha ruta para coñecer e redescubrir algunha das zonas de interese da nosa provincia.

Neste caso percorreron a ruta de Adegas e Miradoiros na que se inclúe a visita ao petroglifo de Xestal e a igrexa románica de Proedos, unha visita a unha adega con denominación de orixe Ribeira Sacra onde se realizou unha degustación e por último o carón das cinco da tarde realizouse unha visita ao Santuario de Cadeiras con paseo ata o miradoiro sobre o río Sil.

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet