Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

05/08/2014

A TIC colabora coa Banda de Música de Chantada na gravación dunha curta en homenaxe á Ribeira Sacra

  • archivos/fotos/grandes/2005_foto_tic_ventos do norte03.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2005_foto_tic_ventos do norte02.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2005_foto_tic_ventos do norte.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2005_foto_tic_ventos do norte05.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2005_foto_tic_ventos do norte02_1.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2005_foto_tic_ventos do norte04.jpg







-Bolseiros da TIC participan na rodaxe de Ventos do Norte, que se difundirá en soporte DVD e en redes sociais grazas á colaboración da Fundación
- A curta, que ten como fío conductor a música do compositor Antón Alcalde, está protagonizada por cinco personaxes: a Ribeira Sacra, un viticultor, a Banda de Chantada, nenos da zona e o Monte do Faro
-Esta colaboración forma parte do apoio da Fundacíón para que a Ribeira Sacra sexa declarada Patromonio da Humanidade pola UNESCO

A Fundación TIC colabora coa Banda de Música de Chantada na gravación dunha curta en homenaxe á Ribeira Sacra, dentro da cuarta edición do Campus de Creación Artística Ventos do Norte que organiza a agrupación musical chantadina e coa que tamén colabora a Deputación. Na elaboración da curta Ventos do Norte participan bolseiros da TIC, dentro do obxectivo da Fundación de formar ós alumnos e titulados da Escola de Imaxe e Son (EIS) con prácticas en escenarios reais de cara a súa inserción no mercado laboral.

Ademais, esta iniciativa súmase a outras emprendidas pola TIC para promocionar a Ribeira Sacra dentro da campaña de apoio a súa declaración como ben Patrimonio da Humanidade por parte da UNESCO. Outro exemplo recente foi a gravación do concerto que o grupo madrileño Sôber ofreceu no Concello do mesmo nome, no sur da provincia, así como da visita que os compoñentes da formación madrileña fixeron á zona.

Difusión en DVD e en redes sociais
A colaboración da TIC tamén inclúe a difusión da curta en soporte DVD –unhas 1.500 copias- e en redes sociais. A Ribeira Sacra é a gran protagonista da curta que ten como fío condutor a música de Antón Alcalde, un dos compositores galegos máis importantes na actualidade. O filme está protagonizado por cinco personaxes: a Ribeira Sacra, un viticultor, que representa a todos os que traballan con vides e perseguen a exaltación dos seus produtos, a Banda de Chantada; nenos da zona que representan a inocencia, a curiosidade e o atrevemento; e o Monte do Faro, corazón de Galicia.

Proxecto multidisciplinar
O Campus Musical e Artístico de Chantada Ventos do Norte desenvolverase ata o sábado 9 de agosto na bisbarra de Chantada en horario de 11:00 a 13:30 horas e de 17:00 a 19:30 horas. Ademais da gravación da curta, inclúe actividades en impulso da candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, seminarios de formación, creación de música inédita, elaboracion de Unidades Didácticas e espectáculos diarios de música en vivo polas rúas.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet