Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

14/08/2014

O Incio acolle este domingo un Encontro de Campás e Campaneiros que recolleran as cámaras da TIC

o incioo incio

A Fundación TIC contribuirá a difusión do encontro coa elaboración dunha reportaxe para súa difusión a través de Internet
A xornada, que terá lugar na igrexa de San Martiño de Laiosa inclúe a demostración de expertos e a posibilidade de que os asistentes toquen estes instrumentos

A TIC súmase o Encontro de Campás e Campaneiros se celebra este domingo na igrexia de San Martiño de Laiosa, no Concello do Incio, organizado pola comisión de festas e a sociedade deportiva e cultural da parroquia coa colaboración de colectivos como Os Chichisos.
A colaboración da Fundación levarase acabo a través da gravación de imaxes e a posterior elaboración dunha reportaxe que se difundirá a través de páxinas web culturais e de promoción da provincia e das redes sociais.
Desenvolvemento da xornada
Os actos comezarán as dez e media coa demostración de diferentes toques de campás da man dos campaneiros oficiais de San Martiño de Laiosa Antonio González e Ricardo Casas. Ó finalizar a demostración, entorno as doce da mañá, a igrexa parroquial abrirá as súas portas ós asistentes que desexen probar o son destes peculiares instrumentos.
A presentación do libro ‘As Campás Galegas. Fundicións’ escrito por Celso García Alonso, a proxección do documental de Rosa María Ledo ‘Elaboración das campás no obradoiro Ocampo’ e a exposición de máis de 450 fotografías antigas da parroquia porán o broche de ouro a unha xornada na que os asistentes poderán gozar dunha comida de confraternidade ó aire libre amenizada pola música tradicional dos Gaiteiros de Goián.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet