Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

02/09/2014

A TIC grava unha performance sobre explotación sexual que se proxectará nun congreso contra a trata o 19 de setembro en Lugo

  • archivos/fotos/grandes/2032_20140902_122648.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2032_20140902_122712.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2032_20140902_122821.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2032_20140902_123316.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2032_20140902_124906.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2032_20140902_125150.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2032_20140902_125155.jpg







-Un equipo formado por bolseiros e profesionais elaboraráun vídeo coas reaccións dos viandantes ante a actitude insinuante dunha muller en varios escaparates
-A III Xornada contra a trata contará coa participación de expertos xuristas, académicos dos corpos de seguridade e de asociacións que traballan coas vítimas
-A colaboración da TIC é froito do convenio con Aliad Ultreia, unha das 10 asociacións que forman parte da Rede galega contra a trata que organiza o encontro

Un equipo formado por bolseiros e profesionais da TIC gravou este martes unha performance contra a explotación sexual que tivo como escenario os escaparates de dous establecementos comerciais no centro da cidade de Lugo. Con esta gravación a Fundación elaborará un vídeo que se proxectará na III Xornada contra a trata: investigación, detección e protección das vítimas organizado pola Rede galega contra a trata o 19 de setembro na Facultade de Humanidades de Lugo.

A representación deste martes, que partiu das organizacións lucenses Aliad Ultreia, Cáritas Lugo e a Asociación Enriqueta Otero, amosa a una muller de modo insinuante para atraer a atención dos viandantes. Unha vez diante do escaparate, o público observa un cambio de actitude nesta persoa, que pasa a amosarse depresiva e triste, e descóbrese un pano no que se afirma que en Lugo hai trata de persoas e que milleiros de persoas son explotadas sexualmente en España. O obxectivo desta iniciativa é concienciar ós lucenses da situación que viven estas mulleres, que malia que están asociadas a unha imaxe de sensualidade e luxuria agochan detrás un mundo oculto de sufrimento e explotación.

Investigación, detección e protección
O congreso do 19 de setembro, no que se proxectará o vídeo elaborado pola TIC,centrarase na detección da trata con fins de explotación sexual e a intervención coas vítimas. O programa conta coa participación de expertos que falarán sobre o proceso da trata e a daqueles indicadores que axudan a súa detección sen deixar de lado as experiencias de traballo con mulleres. Está prevista a participación de xuristas, de representantes da U.C.O. (Unidade Central Operativa da garda civil), de Greta (Grupo transfronterizo sobre tráfico ilegal e inmigración de persoas), do mundo académico e de diversas organizacións de ámbito nacional e internacional que traballan coas vítimas.

O encontro ten vocación práctica para ofrecer ferramentas útiles e axeitadas que poidan ser usadas polos diferentes axentes sociais. Forman parte da Rede galega contra a trata dez entidades de ámbito social: Alidad-Utreia Lugo, Cáritas Lugo, Cáritas Ourense, ACCEM da Coruña, Adoratrices de Ourense, Asociación Faraxade Vigo, Médicos do Mundo Galicia, Oblatas de Ferrol, Oblatas de Santiago e Ecos do Sur da Coruña así como a investigadora Silvia Pérez Freire.

Máis de 125 convenios
A colaboración da Fundación forma parte do convenio con Aliad Ultreia, unha das asociacións que formanparte da Rede galega contra trata. Deste xeito xa son 126 organizacións as que manteñen acordos de colaboración coa TIC. A súa finalidade é proporcionar prácticas ós bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS) en escenarios reais e difundir o labor social, deportivo ou de promoción da provincia que desenvolve o tecido asociativo da provincia.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet