Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

05/09/2014

A TIC apoia a XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor cun vídeo da provincia que se proxectará antes de cada película

  • archivos/fotos/grandes/2036_CARTEL SEMANA 2014.png

    cartel

    cartel
  • archivos/fotos/grandes/2036_10614124_764522690257856_4030397854396153950_n.jpg

    semana del cine

    semana del cine







-A Fundación TIC tamén difundirá a través das redes o festival, que inclúe 30 longametraxes, 30 curtas e 8 documentais
- Regina Polín anunciou que “o documental Miranda, mítica e real ,realizado por alumnos da EIS, proxectarase na Deputación dentro da sección Colleita Dourada

A Fundación TIC colabora coa XXXVI Semana Internacional de Cine de Autor, que se celebra en Lugo do 15 ó 20 de setembro, coa elaboración dun vídeo da provincia elaborado por bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS) que se proxectará antes de cada película. Ademais contribuirá á difusión do festival, que organiza o Grupo Fonmiñá, a través das redes sociais.

A Deputada de Artesanía e Deseño e patroa da Fundación TIC, Regina Polín “destacou a importancia desta colaboración, xa que o mundo do cine é un dos eixos sobre os que xira a formación que impartimos na nosa Escola”. Neste senso, anunciou que “durante esta Semana proxectarase, dentro da sección Colleita Dourada, o documental Miranda, mítica e real elaborado integramente por alumnos de Realización e Produción da EIS como proxecto fin de curso”.

Polín participou este venres na presentación oficial da a XXXVI Semana de Cine xunto co Deputado de Cultural, Mario Outeiro, o presidente do Grupo Fonmiñá, Xulio Xiz, e o director da Semana de Cine, Manuel Curiel. Durante o acto, que tivo lugar na Deputación, actuou o grupo de teatro Achédego.

Homenaxe ós inicios do cine
O vídeo sobre a provincia elaborado pola TIC fai un percorrido por Lugo cidade, a Ribeira Sacra e A Mariña. É unha homenaxe ós inicios do cine, cunha estética que semella os proxectores de comezos do século XX.

Na XXXVI Semana de Cine de Autor proxectarán un total de 30 longametraxes, outras 30 curtas e 8 documentais. As seccións Oficial, Infantil E O Mellor do Ano pasaranse no Auditorio Gustavo Freire; a Biblioteca Provincial acollerá Para Comer...Lugo; a Deputación , a sección Colleita Dourada, o salón de actos de A Banco, un ciclo de homenaxes a Manuel Lorenzo, Forges, Pedro Olea e a Fundación Anade; o Museo Provincial, un ciclo sobre arte; e a Casa do Coñecemento, o apartado dedicado ás curtas. A información detallada da programa está en www.fonmiña.es







< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet