Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

10/09/2014

A TIC súmase á difusión da candidatura mundial da Ribeira Sacra ó ritmo de tractores clásicos

  • archivos/fotos/grandes/2042_P9070107.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2042_P9070115.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2042_P9070213.JPG







-Bolseiros e técnicos da TIC gravarán este domingo a última etapa da ruta de tractores agrícolas clásicos, na que 15 vehículos dos anos 50 e 60 percorrerán os concellos de Sober, Pantón e Chantada
-O apoio da Fundación a esta homenaxe ó rural galego enmárcase no convenio de colaboración subscrito con AGAMAC, Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica

Bolseiros e técnicos da TIC gravarán este domingo a segunda ruta de tractores agrícolas clásicos pola Ribeira Sacra, sumándose deste xeito á difusión da súa declaración pola UNESCO como ben Patrimonio da Humanidade. O equipo da Fundación editará un DVD co material obtido da gravación que recollerá ó completo o itinerario da ruta ó seu paso polos municipios de Sober, Pantón e Chantada, onde rematará o percorrido.

O apoio a esta iniciativa forma parte do convenio de colaboración que a TIC mantén coa Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, AGAMAC, para a difusión da súa actividade e dentro da aposta da Fundación por mellorar a formación práctica dos bolseiros da Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia que imparte ensinanzas superiores na rama do audiovisual.
Xoias de época para resaltar o rural
A última etapa da ruta de tractores clásicos pola Ribeira Sacra terá lugar este domingo coa apertura ás 9 da mañá dunha mostra de vehículos na praza principal da localidade de Sober, logo visitará varias bodegas ó seu paso por Pantón e finalizará o percorrido sobre ás 10 da noite, en Chantada. No traxecto participan un total de 15 vehículos agrícolas dos anos 50 e 60. O tractor mais antigo que se exhibe neste museo rodante é unha máquina Zetor 25k fabricada no ano 1947 na República Checa. A iniciativa, que organiza a Asociación Galega de Amigos da Maquinaria Agrícola Clásica, AGAMAC, ten por obxectivo resaltar o medio rural uníndose ó reto común dunha Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet