Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

13/10/2014

Lugo será o plató de rodaxe da miniserie Hotel Almirante na que colabora a Fundación TIC

  • archivos/fotos/grandes/2090__MG_1139.JPG

    hotel almirante 1

    hotel almirante 1
  • archivos/fotos/grandes/2090__MG_1149.JPG

    hotel 2

    hotel 2
  • archivos/fotos/grandes/2090__MG_1129.JPG

    hotel 3

    hotel 3
  • archivos/fotos/grandes/2090__MG_1128.JPG

    hotel 4

    hotel 4
  • archivos/fotos/grandes/2090__MG_1212.JPG

    hotel 5

    hotel 5







Gómez Besteiro dixo que “como representantes de Film Commission traballamos para que a nosa provincia sexa atractiva como destino de producións cinematográficas e audiovisuais”
Catro bolseiros da EIS participarán na gravación grazas ó convenio con Formato Producciones, que rodará no centro de Lugo cun equipo de máis de 150 persoas entre profesionais e figurantes
Protagonizada por Ana Turpin e dirixida por Antonio Cuadri, a miniserie de dous capítulos está baseada na novela homónima da lucense Marta Rivera de la Cruz

A Fundación TIC, a través de Film Commission, colaborará na rodaxe da miniserie Hotel Almirante, baseada na novela homónima da lucense Marta Rivera de la Cruz, que se gravará en Lugo nas vindeiras semanas. Esta colaboración é posible grazas ó convenio con Formato Producciones, asinado este venres polo Presidente da Deputación e da TIC, José Ramón Gómez Besteiro, e o máximo responsable da produtora e presidente do Clúster Audiovisual Galego, Andrés Barbé. Ó acto tamén asistiron o Alcalde de Lugo, José López Orozco, o director e guionista, Antonio Cuadri, e dous dos actores, os lucenses Mariana Expósito e Antonio Mourelos.

Gómez Besteiro destacou a importancia deste tipo de colaboracións “tanto desde o punto de vista da formación práctica dos nosos alumnos como da promoción da nosa provincia, xa que boa parte das escenas se rodarán no centro de Lugo, especialmente no Círculo das Artes e a súa contorna”. Anunciou que “catro titulados de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son participarán como bolseiros na rodaxe. Ademais os alumnos asistirán á gravación dalgunhas escenas para coñecer in situ as interioridades dunha produción audiovisual deste nivel”.

Lugo, plató de rodaxe
A miniserie, de dous capítulos de 90 minutos de duración, rodarase a partir do 27 de outubro durante cinco semanas en varias localizacións de Lugo e A Coruña. Na cidade amurallada, un equipo de 45 profesionais traballará durante 15 días. Hai que sumarlle os figurantes, todos de Lugo. En total, máis 150 persoas, que devolverán ó casco histórico a mediados do século XX.
O Presidente da Fundación dixo que “a TIC, como responsable de Film Commission en Lugo, traballa para que a nosa provincia sexa atractiva como destino cinematográfico e audiovisual. Foi o caso, por exemplo, de Todos os santos a agora de Hotel Almirante”. Neste último cederase o uso de dúas aulas da EIS para a gravación de varias escenas, e a produtora disporá de dependencias para a súa oficina durante a rodaxe. Ademais, a Deputación cederá o uso do aparcamento do antigo hospital San José co obxectivo de facilitar o traballo e o almacenamento de material. Pola súa banda, Formato Producciones impartirá ós alumnos da Escola varias Masterclass relacionadas coa gravación da serie.

Equipo técnico e artístico
Protagonizada polos actores Ana Turpin e Fernando Tato, a serie estará dirixida por Antonio Cuadri, que conta cunha ampla experiencia na realización de audiovisuais. Foi codirector de Lo+Plus e dirixíu varios capítulos de Manolito Gafotas, Cuéntame como pasó e Al salir de clase, entre outros traballos.

En canto ó produtor executivo, Andrés Barbé, foi o responsable da produción das longametraxes Divertimento (2000), Mía Sarah (2006) e Vivir para siempre (2010) e de sete películas para televisión. É membro da Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas de España e Presidente do Clúster Audiovisual Galega, do que forma parte a Fundación TIC.
Pola súa banda, a lucense Marta Rivera de la Cruz acadou destacados recoñecementos como escritora: finalista do Premio Planeta 2006 con “El tiempo de prodigios” e gañadora do Premio de Novela Ateneo Joven de Sevilla por “Que veinte años no es nada”, entre outros galardóns. Varias das súas novelas, como é o caso de “Hotel Almirante” están ambientadas en Ribanova, unha cidade imaxinaria, inspirada en Lugo.
Argumento de Hotel Almirante
Na cidade galega de Ribanova, aparece en 1948 o cadáver dunha moza nunha habitación dun hotel rexentado por Rosalía Leal. As primeiras evidencias da policía confirman que se trata dun suicidio, pero a publicación no xornal local dunha carta da suicida, implican sentimentalmente a Javier, pertencente a unha poderosa familia da cidade, os Aldao, pero enfrontado politicamente ó seu pai ó ter militado no bando republicano. Estes sucesos e a chegada á cidade de Javier Aldao, desencadearán a trama.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet