KM0 a Compostela. Veciños de Lugo percorren o tramo do camiño no Cebreiro
Grazas á iniciativa km0 a Compostela, promovida pola Deputación de Lugo varios veciños de Lugo puideron por un día facer o tramo do camiño de Santiago no Cebreiro, relevante enclave das peregrinacións de todolos tempos.
Durante esa xornada os visitantes puideron desfrutar das espectaculares vistas dende Liñares e o Alto de San Roque, do templo de Santa María a Real, da Cruz de Pau e tamén dunha degustación gastronómica dos produtos da zona.
Máis información sobre km0 a Compostela