Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

30/10/2014

A TIC entrega os vídeos realizados polo alumnado da EIS ós participantes no Comercio na rúa e a Noite Aberta

  • archivos/fotos/grandes/2121_1926868_868690746499027_2934408926561714792_n.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2121_10603627_868690783165690_5328174403039568433_n.jpg







-Os DVD foron gravados e editados polos estudantes da Escola nas prácticas que realizaron nos eventos organizados en 2014 pola Asociación de Autónomas
-Con esta achega, a TIC contribúe á promoción da actividade comercial lucense e o desenvolvemento do sector

A Fundación TIC, dependente da Deputación, entregou este mércores ós comercios participantes os vídeos editados polos alumnos de Realización e Produción da Escola de Imaxe e Son (EIS) coas gravacións da IV e V edición do Comercio na rúa e a V Noite Aberta, que organizou este ano a Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo. A patroa da Fundación TIC, Regina Polín, o Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a presidenta do colectivo empresarial, Nora Real, participaron no acto, que se desenvolveu no Pazo de San Marcos.

O material audiovisual recolle as gravacións realizadas polo alumnado da EIS, o único centro da provincia que imparte ensinanzas da rama audiovisual, durante os eventos organizados pola Asociación de Autónomas, o que lles permitiu levar a cabo unha vez máis prácticas profesionais en situacións e escenarios reais.

Durante as dúas edicións do Comercio na rúa, celebradas en marzo e setembro, os estudantes da TIC, baixo a supervisión dos docentes, saíron coas cámaras a rúa para filmar o ambiente e a actividade dos establecementos participantes. O pasado día 3 de outubro, repetiron a experiencia durante a V Noite Aberta para gravar o desfile de moda que presentou a cantante Lucía Pérez, e dar cobertura ós espectáculos e actuacións musicais nas tendas e nas calles. Ademais, un dos equipos realizou unha ampla reportaxe fotográfica do evento.

Posteriormente, os alumnos da EIS editaron un vídeo coas gravacións realizadas ó longo das tres xornadas, e reportaxes que contribuirán á promoción dos establecementos participantes e do comercio lucense en xeral.

A TIC do lado dos autónomos
A Fundación TIC mantén un convenio coa Asociación de Autónomas, Empresarias e Profesionais de Lugo para potenciar as actividades que organiza este colectivo. A colaboración coa organización do Comercio na rúa e a Noite Aberta, que se suma á doutras iniciativas como a Feira Outlet, enmárcase na aposta da TIC a prol da promoción do comercio e dos autónomos da provincia. Na actualidade, A TIC colabora con mais dun centenar de asociacións sen ánimo de lucro en apoio á actividade de comerciantes, autónomos e colectivos sociais, culturais e deportivos da provincia.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet