Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Ticodiario

12/11/2014

Alumnos do Centro Público Santo Anxo de Rábade participan por segunda vez nas visitas didácticas á Fundación TIC

-Os estudantes coñeceron de preto como se realiza un programa de televisión e puideron poñerse por un día diante das cámaras para presentar o seu propio informativo
- O obxectivo principal é comprobar “in situ” e de xeito real o traballo e organización necesarios para facer un programa de televisión
-Os centros interesados poderán participar na iniciativa contactando coa TIC no número de teléfono 982 206225

Alumnos do Centro Público Santo Anxo de Rábade, con idades comprendidas entre os 14 e 17 anos, participaron este mércores nas visitas didácticas que organiza a Fundación TIC para achegar as novas tecnoloxías ós máis novos dun xeito lúdico.

Os rapaces coñeceron de preto o traballo diario dun estudo de televisión –coma a produción, edición, realización e pos produción de audiovisuais-, o que lles permitiu coñecer polo miúdo as instalacións da entidade. Os estudantes realizaron un informativo con noticias reais. Ó final da xornada, cada un deles levou para casa unha copia do TICodiario posto en marcha polos alumnos da EIS e no que estes escolares participarán activamente.
Centros educativos de toda a provincia
Os TICdiarios forman parte do programa de visitas ás instalacións da Fundación que teñen por obxectivo abrir as súas portas á sociedade lucense e achegar o uso das novas tecnoloxías ós habitantes da provincia. Neste caso, os destinatarios son rapaces e mozos que poden coñecer o traballo que desenvolve a TIC así como os ciclos de Realización e Produción que imparte a Escola de Imaxe e Son (EIS), o único centro da provincia con ensinanzas superiores da rama audiovisual.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet