Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2014

03/12/2014

A TIC apoia ás asociacións lucenses no Día Internacional do Voluntariado Social

-A Fundación realizará unha extensa reportaxe da xornada lúdica que se celebra este venres 5 de decembro, no Museo Provincial, co lema Froito da Solidariedade. Éche outro Conto!
-Con esta achega, a TIC contribúe á difusión do labor social dunha decena de entidades sen ánimo de lucro que forman parte da rede lucense de voluntariado

A Fundación TIC apoia á decena de entidades lucenses que este venres 5 de decembro celebran o Día Internacional do Voluntariado co lema Froito da Solidariedade. Éche outro Conto, no Museo Provincial. Un equipo da TIC realizará unha extensa reportaxe da xornada lúdica que inclúe unha gimkana de acción voluntaria, e unha coreografía da Compañía de Danza da USC, entre outras actividades abertas ó público.

A solidariedade da TIC
A achega da Fundación TIC súmase ás colaboracións que mantén asiduamente coas entidades sen ánimo de lucro da provincia, neste caso incluídas na rede lucense de voluntariado, para facer visible o seu traballo a prol de diferentes colectivos sociais.

O traballo audiovisual difundirase en internet e a través das propias asociacións: ALIAD ULTREIA, Cáritas, COGAMI, ASPNAIS, Down Lugo, AUXILIA, Fundación Secretariado Xitano, Asociación Xuvenil Ateibo e Juan Soñador.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet