Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2015

24/02/2015

O InLugo da Fundación TIC abre as súas portas á sociedade lucense o 25 e 26 de febreiro co Abertic Maiores

abertic maioresabertic maiores

Durante as xornadas difundirase o traballo desenvolvido polo Centro de Innovación Social a prol do envellecemento activo a través das novas tecnoloxías
-Haberá espazos dedicados ao lecer e á alfabetización dixitais, e á nutrición, con almorzos e merendas saudables, nos que poderán participar os maiores de 55 anos
-Abertic Maiores estará aberto ao público en horario de 10:30 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas na sede da Fundación TIC, en Frei Plácido Lemos

O Centro de Innovación Social da Fundación TIC, dependente da Deputación, abre as súas portas aos lucenses, especialmente aos maiores de 55 anos, durante dúas xornadas que se desenvolverán o mércores e xoves da semana que vén, 25 e 26 de febreiro, baixo o lema Abertic Maiores. O obxectivo desta iniciativa é difundir o traballo do InLugo na promoción do uso das novas tecnoloxías entre as persoas de máis idade para mellorar a súa calidade de vida e benestar con actividades que estimulen as súas habilidades mentais e físicas.

O Abertic Maiores, que se desenvolverá na sede da Fundación TIC, en horario de10:30 a 13:00 horas e de 16:00 a 19:00 horas, os asistentes participarán en diversas actividades lúdicas relacionas cos diferentes programas do InLugo: Nutretic, Engurras TIC, Memoria Dixital Tic Tac, Sempre en Activo e Camiña coas TIC, entre outros. Deste xeito, preténdese que estas actividades de formación perduren no tempo e no recordo así como potenciar as diferentes tecnoloxías a través dunha experiencia en grupo e difundir os proxectos tecnolóxicos da TIC destinados aos maiores.

As actividades repartiranse en tres espazos. Unha das aulas estará dedicada ao programa Nutretic, onde se ensinarán os principios da alimentación e nutrición, a clasificación de alimentos ou os tipos de dietas. Ademais, polas mañás ofrecerase aos asistentes un almorzo saudable e polas tardes, unha merenda.
A segunda sala centrarase nos programas Memoria Dixital Tic Tac, Taboleiro Abertic e Engurras Tic, que promoven un envellecemento activo a través de diversos talleres como os de fotografía. Neste espazo expoñeranse 50 fotos, unha por cada participante no Engurras TIC, das que sairán as finalistas e gañadora.
Por último, o terceiro espazo dedicarase a Sempre en Activo e Camiña coas Tic, proxectos destinados á estimulación cognitiva e funcional e á alfabetización na rede. Haberá un Rincón X-Box, Wii, PlayStatión etc. Será unha zona de actividade física con diversas consolas e demostracións de xogos nos que poderán participar os maiores de 55 anos, que serán asesorados, xunto cos monitores, polos propios usuarios destes programas.
As xornadas Abertic Maiores inclúense dentro da actuación “Promoción da autonomía persoal dos maiores da provincia”, que xestiona a Fundación TIC a través do Centro de Innovación Social InLugo no marco Innova-TE2, financiado nun 80% con fondos europeos.



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet