Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2015

27/03/2015

A Fundación TIC colabora coa primeira volta cicloturista polas comarcas de Lugo

- A Patroa da Fundación, Regina Polín, presentou un vídeo promocional do Desafío Volta a Lugo realizado pola TIC
- Bolseiros e profesionais recollerán nun DVD os tres días de volta onde participarán ciclistas chegados de toda a comunidade e Portugal

A Patroa da Fundación TIC, Regina Polín, presentou este xoves na Deputación un vídeo promocional do Desafío Volta A Lugo, que se desenvolverá polas comarcas de Lugo do 24 ao 26 de abril. A proxección do audiovisual, elaborado por técnicos e bolseiros da TIC, tivo lugar durante o acto de presentación desta actividade deportiva, no que tamén participaron o Vicepresidente Primeiro da Deputación, Antonio Veiga, o presidente do comité organizador da VIII Volta ás Comarcas, José María Seijas, o vicepresidente da Federación Galega de Ciclismo, José Manuel Flores Arias, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Gradío, o Alcalde da Pobra de Brollón, José Maceda, e o presidente da Asociación de Hostalería de Lugo, Cheché Real.

Ademais, Polín anunciou que a TIC gravará as probas durante os 3 días do Desafío co obxectivo de elaborar una ampla reportaxe que o Club Ciclista Cidade de Lugo difundirá na súa páxina web, e nas redes sociais nas que ten presenza.

A colaboración da TIC é froito do convenio asinado co Club Ciclista, para promover o seu labor de fomento ao deporte. Na actualidade son máis de 140 as organizacións que manteñen acordos de colaboración coa TIC, para dar difundir as súas actividades e facilitar aos alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son prácticas profesionais en escenarios reais, a prol da súa inserción no mercado laboral.

Desafío Volta a Lugo
Desafío Volta A Lugo xurde como un evento ciclo turista destinado a atraer afeccionados nacionais e internacionais co obxectivo de superar e vivir a experiencia dunha volta ciclista por etapas coma un deportista profesional.

A proba é a primeira Volta Cicloturista por etapas desenvolvida en Galicia e unha das poucas de toda a Península Ibérica. Está dividida en 3 etapas que transcorrerán polas Comarcas de Lugo, que suman uns 350 quilómetros de distancia e uns 7.000 metros de desnivel positivos.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet