Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2010

06/04/2010

A Fundación TIC colabora nos encontros previos á entrega dos Premios Mestre Mateo 2009

imaxe da mesa redondaimaxe da mesa redonda

Díaz Valiño, Patrón da Fundación, salientou que “o obxectivo é que os candidatos acheguen ós alumnos da EIS as súas experiencias para completar a formación de cara a súa inserción laboral”
Os alumnos da Escola de Imaxe e Son de Lugo asisten ás mesas redondas nas que se abordarán as curtas de ficción e a dirección de produción

O Deputado provincial e Patrón da Fundación TIC, Juan José Díaz Valiño, inaugurou este martes o programa de encontros previos á entrega dos VIII Premios Mestre Mateo, que organiza a Academia Galega do Audiovisual e no que colabora a Fundación TIC, dependente da Deputación. Ó encontro, que se celebra ó longo desta xornada no Pazo de San Marcos, asisten os alumnos de producción e realización da Escola de Imaxe e Son de Lugo, o único centro da provincia que imparte ensinanzas no eido audiovisual.

Díaz Valiño, que estivo acompañado por dous dos nominados á categoría de dirección de producción - Xabier Eirís polo programa de televisión “A Caixa Negra” e Suso Gay pola serie de televisión “Padre Casares” - destacou que “con esta iniciativa pretendemos que os profesionais da industria audiovisual, neste caso os candidatos ós Premios Mateo 2009, acheguen ós alumnos da nosa Escola as súas experiencias directas”. Lembrou que os estudantes da EIS tamén compartiron xornadas con outros profesionais de recoñecido prestixio como os lucenses Luis Tosar, Julio Fernández, Pedro Revaldería, María Hervera e Arturo Vaquero, ou cos directores Imanol Uribe ou José Luis Cuerda.

O responsable provincial lembrou que “o principal obxectivo da Fundación é axudar á inserción laboral dos nosos alumnos, e por iso a Fundación TIC acometeu unha serie de melloras, tanto tecnolóxicas como nas súas instalacións para dar mellor cobertura os alumnos”

A Fundación apoia os primeiros pasos dos alumnos no mercado de traballo coa colaboración, a través da súa participación, na rodaxe de películas como a curta “Triste soledad de un violinista” ou do documental “Garbo, Hitler...e Araceli”.


Mesas Redondas
O encontro en Lugo inclúe dúas mesas redondas. Pola mañá, debateuse sobre a produción no audiovisual galego, e nela participaron Xabier Eirís, director de produción do programa de televisión “A Caixa Negra” e Suso Gay, xefe de produción da serie “Padre Casares”.

Ambos coincidiron na importancia das escolas na formación de profesionais e aseguraron que a produción “é unha carreira de fondo na que as prácticas nas empresas son fundamentais á hora de introducirse no mercado laboral”. Sinalaron que “aproveitar tódalas ensinanzas no seu paso polas escolas é necesario para ter seguridade á hora de enfrontarse ós seus primeiros traballos”

Xa pola tarde, a mesa redonda centrouse nos cortos de ficción cos nominados a Mestre Mateo 2009 a mellor cortametraxe de ficción, participaron nesta meas Chema Cagino, nominado por “O Elixido”, Raúl García, director de "Nouturnio de Celanova" e Rubén Riós, director de "Coser e Cantar"

A Academia Galega do Audiovisual organiza un total de oito mesas redondas -do 6 ó 8 de abril- nas escolas vencelladas ó sector. Ademais da EIS de Lugo, tamén se organiza esta actividade no Raio Verde de Santiago, a EIS Farixa de Ourense e a EIS da Coruña. Previamente ó encontro, fíxose un traballo de documentación e entrega de materiais de traballo empregados polos autores das obras. Cada mesa está deseñada cun formato moi participativo, onde se teñen en conta, sobre todo, os intereses dos alumnos, co obxectivo de orientalos nas súas dúbidas e inquedanzas.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet