Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2015

05/06/2015

A TIC duplicou esta tempada o número de visitas didácticas que achegan o mundo do audiovisual aos escolares

  • archivos/fotos/grandes/2466_DSC_0160.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2466_DSC_0166.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2466_DSC_0184.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2466_DSC_0260.JPG







- 1.391 alumnos e profesores de educación primaria e secundaria participaron na terceira tempada do programa TICodiario, co que coñecen a televisión por dentro
- Os participantes elaboran e gravan un espazo informativo con noticias reais, ao tempo que reciben información sobre os ciclos superiores que imparte a EIS
-Tralo éxito, a iniciativa retomarase en outubro cunha nova edición. Todos os centros interesados en participar poden apuntarse xa no número de teléfono 982 206 225

A Fundación TIC rematou este venres a terceira tempada dos TICodiarios coa visita dun grupo de 25 alumnos de 1º da ESO do IES Xoán Montes. Neste curso duplicouse o número de visitas didácticas ás instalacións da TIC. En total, 1.391 alumnos e profesores de educación primaria e secundaria, divididos en 53 grupos, achegáronse ao mundo do audiovisual da man dos técnicos e docentes da Fundación.

Os participantes coñecen o funcionamento da televisión dende dentro e participan na produción, realización e presentación dun espazo informativo, o TICodiario, con noticias reais. Durante a visita, os estudantes reciben información sobre os ciclos superiores de Produción e Realización que imparte a Escola de Imaxe e Son de Lugo, EIS. Tralo éxito desta iniciativa, o programa retomarase en outubro cunha nova edición. Todos os centros interesados en participar poden apuntarse xa no número de teléfono 982 206 225.

Ampliación do programa
Como novidade, este curso nos TICodiarios participaron 6 grupos de fóra da provincia, dous da Coruña e catro que aglutinaban varios centros participantes no programa “Xuventude Promete”. Por segundo ano consecutivo, a TIC recibiu un grupo de estudantes alemáns e outro de franceses de intercambio de dous institutos de Lugo. A estas visitas sumouse a dos alumnos sénior dos cursos do InLugo, que fomentan o uso das novas tecnoloxías entre os maiores.

A páxina web da Fundación TIC, www.fundaciontic.org, recolle os vídeos de todas as visitas e máis dun centenar de programas gravados, nas tres tempadas do TICodiario.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet