Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2015

29/09/2015

Arranca unha nova tempada de cursos do InLugo para maiores de 55 anos con todas as prazas cubertas

  • archivos/fotos/grandes/2589_unnamed.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2589_unnamed2.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2589_unnamed3.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2589_unnamed4.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2589_unnamed5.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2589_unnamed6.jpg







-O día da presentación da programación, o 18 de setembro, xa se cubriron 9 das 29 accións formativas que se impartirán no 4º trimestre de 2015
-Para as 354 prazas houbo 575 inscricións. Terán prioridade as persoas que nunca realizaron o curso que solicitan
-O InLugo tamén pon a disposición dos maiores da provincia unha Aula de Transmisión do Coñecemento e titorías personalizadas

O Centro de Innovación Social, InLugo, arrancou este martes unha nova tempada cos cursos: Organízate co teu móbil e Manéxate coas novas tecnoloxías: coñece a túa tablet, dentro do programa “Promoción da Autonomía Persoal de Maiores da Provincia” xestionado pola Fundación TIC a través dunha encomenda da Deputación.

Son dous dos 29 cursos e obradoiros que se impartirán no 4º trimestre de 2015. En total, 354 prazas para as que houbo 575 inscricións. Darase prioridade ás persoas que nunca fixeron o curso que solicitan e, a continuación, seguirase a orde de inscrición. O mesmo día que se presentou esta nova tempada, o 18 de setembro, xa quedaron cubertas as prazas de 9 actividades.

O obxectivo destes obradoiros e servir de estímulo para que os maiores de 55 anos da nosa provincia usen as novas tecnoloxías e sexan conscientes das utilidades e dos beneficios que lles poden proporcionar. A través de actividades amenas e gratificantes, favorécese a súa autonomía persoal e un envellecemento activo, fomentando a adquisición de habilidades e a mellora e preservación das súas capacidades cognitivas e funcionais.

Outros servizos do InLugo
O InLugo tamén ofrece outros servizos aos maiores da provincia como a Aula de Transmisión de Coñecemento. Trátase dunha aula interactiva co material informático e conexión a Internet a disposición de todas aquelas persoas maiores que o desexen. Ademais, emprégase para realizar actividades de reforzo dos coñecementos adquiridos nos diferentes cursos do centro.

Outro dos servizos son as titorías personalizadas. As persoas que precisen axuda con respecto ás novas tecnoloxías poderán achegarse ao centro, con cita previa, para tentar resolver as súas dúbidas coa axuda dos profesores do InLugo.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet