Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2015

14/10/2015

A TIC apoia de novo ao comercio de Lugo na VI Feira Outlet, aberta ata o xoves con descontos do 80%

- Santos subliñou que “esta colaboración se suma a outras como a Noite Aberta ou Comercio na Rúa dentro da aposta da TIC polos autónomos e pemes da provincia
- Unha trintena de negocios lucenses poñen á venda os seus stocks de zapatería, confección, complementos ou xoiería na mesma carpa de Artesanfroilán, detrás do Concello

A Deputación e a Fundación TIC, entidade dependente do organismo provincial, apoian novamente ao comercio de Lugo na Feira Outlet, que abriu as súas portas este martes na praza Anxo Fernández Gómez, detrás da Casa Consistorial. O Deputado e patrón da TIC, Álvaro Santos, dixo que “por unha banda, optimizamos recursos, coa reutilización da carpa de Artesanfroilán e, por outra, contribuímos a promover aos autónomos e pemes da provincia a través dos traballos de difusión que elabora a TIC”.

Santos participou, xunto á Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, a presidenta da Asociación de Autónomas, Nora Real, e a Secretaria Territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Marta Barreiro, na inauguración da feira, que estará aberta ata o xoves 15 de outubro. Participan unha trintena de establecementos con centos de variados produtos de stock e descontos de ata o 80%.

A TIC co comercio de Lugo
O patrón da Fundación lembrou que “esta colaboración se enmarca dentro da aposta da TIC polo comerciantes e autónomos lucenses, un sector fundamental na economía da nosa provincia. Coa elaboración de reportaxes e diversos produtos audiovisuais contribuímos a súa maior difusión”.

A Fundación apoia desde a súa primeira edición á Feira Outlet, ao igual que outras iniciativas como as Noites Abertas de Lugo e Sarria ou Comercio na Rúa. Ademais, “con este tipo de colaboración, os estudantes da Escola de Imaxe e Son poden realizar prácticas profesionais nun escenario real, un dos piares básicos da formación de calidade que imparte a nosa Escola”.

Horarios da Feira Outlet
A Feira Outlet está aberta na carpa instalada na Praza de Anxo Fernández Gómez, situada tras a Casa do Concello dende o martes 13 ata o vindeiro o xoves 15 de outubro, en horario de 10:30 a 14:00 horas e de 17:00 a 21:00 horas.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet