Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2015

06/11/2015

A TIC solidarizase coa campaña Ningún Árbol Vacío a primeira da asociación lucense Bonhomía

  • archivos/fotos/grandes/2633_cartel3-011-730x1024.jpg

  • archivos/fotos/grandes/2633_D77K9599.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2633_D77K9619.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2633_D77K9635.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2633_D77K9636.JPG

  • archivos/fotos/grandes/2633_D77K9656.JPG









-Técnicos e bolseiros da TIC realizaron un anuncio para internet e reportaxes da iniciativa que tenta levar aos nenos de familias sen recursos o agasallo que piden aos Reis Magos


-Con esta colaboración, a Fundación TIC suma un novo apoio ás organizacións sen ánimo de lucro da provincia co fin de promover o seu labor social e a inserción laboral dos alumnos e titulados da EIS


A Fundación TIC suma un novo apoio ás organizacións sen ánimo de lucro da provincia, coa divulgación da campaña Ningún Árbol Vacío, da asociación Bonhomía. A entidade estréase con esta iniciativa, para que todos os rapaces de Lugo teñan un regalo este Nadal.

Un equipo de profesionais e bolseiros da TIC gravaron varias secuencias dun anuncio promocional, coa participación de nenos e persoas maiores, na praza Maior de Lugo. Unha vez editado, Bonhomía difundirá o spot na súa páxina web, www.bonhomia.org , e nas redes sociais.

A colaboración da TIC complementarase coa realización de reportaxes sobre o desenvolvemento da campaña coa que o colectivo procura a solidariedade dos lucenses.


Pasos a seguir

Para participar na campaña é preciso rexistrarse na páxina web de Bonhomía. Una vez feito, a persoa colaboradora recibirá a carta que un neno ou nena, dunha familia sen recursos económicos escribiu aos Reis Magos dende Lugo. O seguinte paso é mercar o seu regalo, cun custe inferior aos 30 euros, e levalo a un dos moitos puntos de recollida sinalados pola asociación.

O día 6 de xaneiro, os rapaces recibirán os agasallos que pediron as súas maxestades, grazas á complicidade dos cidadáns que colaboren para que se cumpra o obxectivo de Ningún Árbol Vacío.


A difusión social da TIC

A achega de TIC é froito do convenio que ven de asinar con Bonhomía, para promover o seu labor de loita contra as desigualdades socioeconómicas, culturais, de xénero ou de calquera tipo, no ámbito da nosa provincia. O colectivo persegue tamén a participación cidadá na defensa e procura dunha vida digna dos sectores mais vulnerables da poboación.

Na actualidade son máis de 130 as organizacións que manteñen acordos de colaboración coa TIC, que facilitan aos alumnos e bolseiros da Escola de Imaxe e Son prácticas profesionais en escenarios reais, a prol da súa inserción no mercado laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet