Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2015

13/11/2015

A EIS acolle este martes unha masterclass sobre “Cinema Dixital” a cargo de Jairo Iglesias, gañador de dous Mestre Mateo


- Jairo Iglesias manterá un encontro con alumnos, titulados, docentes e técnicos dentro do convenio asinado entre a Fundación TIC e CREA

-A clase maxistral versará sobre o mundo do cinema dixital e os fluxos de traballos xerais en producións grandes e pequenas

-A inscrición é gratuíta e o prazo para apuntarse está aberto ata o día antes da clase maxistral na dirección de correo victoria.eis@fundaciontic.org

A Escola de Imaxe e Son da Fundación TIC acollerá o vindeiro martes 17 de novembro unha masterclass sobre “Cinema Dixital” a cargo do gañador de dous Mestre Mateo, Jairo Iglesias, dirixida a alumnos e titulados da Escola, docentes e técnicos da Fundación TIC.


Os contidos da masterclass, centraranse no xeito de traballo na actualidade no mundo do cinema dixital facendo un percorrido polas cámaras e fluxos de traballos xerais en producións grandes e pequenas. Tamén se fará un percorrido pola historia e o futuro do cinema dixital.

A actividade formativa, que se desenvolverá de 17:00 a 20:00 horas, forma parte do convenio asinado entre a Fundación TIC e a Asociación de Directores Realizadores de Galicia (CREA) así como do programa de formación complementaria destinada a alumnos e titulados, docentes e técnicos da TIC.


Gañador de dous Mestre Mateo

Jairo Iglesias é actualmente Director de Desenvolvemento e Coordinador de Workflow na súa propia empresa, PIXEL FILMS. Nos últimos cinco anos ten traballado en máis de 6 longametraxes, 14 curtametraxes e 4 documentais, ademais de realizar preto de 40 vídeos empresariais.

Na súa vida profesional, ten sido seleccionado máis de 40 veces en festivais nacionais e internacionais. Nominado en 6 ocasións aos Premios Mestre Mateo da Academia Galega do Audiovisual, resultou gañador no ano 2007 pola súa curta de ficción, “Cicatrices” e en 2013 pola mellor obra experimental.


Como apuntarse

Para asistir a esta clase maxistral, os interesados deberán enviar un correo a victoria.eis@fundaciontic.org indicando nome, teléfono e dirección de correo. O prazo para poder inscribirse remata o luns 16 de novembro.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet