Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2015

20/11/2015

O deseñador gráfico Antón Lezcano impartirá un curso sobre creatividade na Escola de Imaxe e Son


-O responsable de deseños como a bandeira galega coa vaca ou a raspa de sardiña do San Xoán da Coruña impartirá o curso os días 24, 25 e 26 de novembro de 1 e 2 de decembro


-Esta actividade está dirixida a alumnos, titulados e traballadores da TIC e colexiados do CPXG, que deberán inscribirse no mail xornalistas@xornalistas.gal ou chamando ao 981935670

O deseñador gráfico Antón Lezcano impartirá o curso “A Creación” na Escola de Imaxe e Son os días 24, 25 e 26 de novembro e 1 e 2 de decembro en horario de 16:30 a 20:30 horas. Esta actividade, organizada pola Fundación TIC coa colaboración do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), está dirixidA a alumnos, titulados e traballadores da TIC e a colexiados e colexiadas do CPXG. Entre os obxectivos está complementar a formación que imparte a EIS coa experiencia de recoñecidos profesionais en activo.

Lezcano abordará, entre outras cuestións, a posta en marcha da engrenaxe creativa e as fases do seu proceso, os distintos formatos, as técnicas publicitarias, a publicidade subliminar ou a creatividade noutras disciplinas como nos mundos empresarial e artístico. Haberá participación activa do alumnado con xogos, obradoiros e traballos. Todas as clases se enfocarán de xeito creativo.

Dilatada traxectoria

O ferrolán Antón Lezcano é director do seu propio estudo de deseño e publicidade dende hai 20 anos, no que realiza traballos para o Concello da Coruña, Xunta de Galicia, Deputación da Coruña, La Voz de Galicia, Fundación Luís Seonae e Fundación Vicente Risco, entre outras entidades. Ademais foi o creador e propietario da marca “Nicetrip” e responsable de deseños como o da bandeira galega coa vaca o a raspa de sardiña do San Xoán da Coruña.

A súa traxectoria profesional engádeselle unha dilatada actividade docente como profesor de Creatividade na carreira de Publicidade na escola privada “Centro Español de Nuevas Profesiones da Coruña” ou conferenciante en diferentes plataformas como a UIMP, a Escola de Deseño Mestre Mateo de Santiago, o Concello da Coruña, Arquitectos sen Fronteiras ou a Fundación Luis Seoane.

Cómo apuntarse

Para incribierse, os interesados deben enviar un mail a xornalistas@xornalistas.gal ou ao número de teléfono 981935670. Hai que indicar DNI, correo electrónico, teléfono e ciclo que estuda. A inscrición é gratuíta para alumnos, titulados e persoal da TIC e para colexiados e colexiadas do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG).


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet