Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas da Fundación TIC » 2015

23/11/2015

A Fundación TIC colabora con Raiolas coa realización das fotografías do Calendario Solidario 2016


-A recadación destinarase a axudar a esta asociación lucense que traballa para que os afectados de autismo e TEA teñan unha mellor calidade de vida

-Nesta edición, os nenos e mozos de Raiolas estarán acompañados por traballadores dos distintos servizos do Concello de Lugo


Un equipo da Fundación TIC está a facer as fotografías que comporán o Calendario Solidario 2016 da Asociación Raiolas-Lugo. Os principais protagonistas deste almanaque son os nenos e mozos da organización, formada por pais e nais de persoas con autismo e outros trastornos xeneralizados do Espectro do Autismo (TEA), que adoitan saír acompañados de persoas relevantes da sociedade lucense.

Para a elaboración do Calendario, Raiolas contará este ano coa colaboración da Concellería de Benestar Social de Lugo. Xunto aos rapaces da asociación, estarán traballadores dos distintos servizos do Concello como a Policía Local, o Corpo de Bombeiros ou Protección Civil.

Os fondos recadados coa súa venda destinaranse a axudar a Raiolas, unha institución que traballa para que os afectados por estas doenzas e os seus familiares teñan a mellor calidade de vida posible así como acadar a súa plena integración familiar e social.


Unha nova colaboración da TIC

A Asociación Raiolas foi constituída na cidade de Lugo en marzo de 2000. É unha organización sen ánimo de lucro declarada de utilidade pública en 2011. A realización das fotos do Calendario 2016 é unha nova colaboración da TIC con esta ONG.

En total, a Fundación TIC apoia a 150 asociacións culturais, agrupacións veciñais e entidades deportivas coa realización de traballos audiovisuais, que permiten completar a formación teórica dos estudantes da Escola de Imaxe e Son de Lugo, e favorecer a súa inserción laboral.


< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet