km0. Un colectivo de Pantón visitou a Fundación TIC
No marco das visitas do programa km0, varios veciños de Pantón puideron descubrir o traballo que se está a realizar na Fundación TIC
Grazas á iniciativa km0 varios veciños de Pantón puideron coñecer de preto a sede da Deputación no Pazo de San Marcos e o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC.
Durante esta xornada os visitantes tamén realizaron a ruta da Lonxa, trasladándose a Burela onde comeron e visitaron a lonxa, o Museo do Barco Boniteiro e as redeiras.
Máis información sobre km0