km0. Veciños de O Páramo visitaron a TIC
No marco das visitas do programa km0, veciños de O Páramo puideron descubrir o traballo que se está a realizar na Fundación TIC
Grazas á iniciativa km0 os veciños de O Páramo puideron coñecer de preto a sede da Deputación no Pazo de San Marcos e o Centro de Produción de Programas da Fundación TIC.
Realizaron a Ruta Km0 das Praias. Tras a visita a Deputación e a Fundación TIC desprazáronse ata Foz onde pasearon polas praias de Llas e a Rapadoira, tamén visitaron o porto de Foz, os hórreos e a igrexa de San Bartolo. Despois realizaron un percorrido pola costa ata Arealonga.
Máis información sobre km0