Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Especiais

08/09/2010

km0. A Asociación Alborada de San Cibrao visita a Fundación TIC

Varias persoas de San Cibrao puideron coñecer de preto o traballo que se está a realizar na Fundación TIC

Unha vez máis varias persoas da provincia puideron coñecer de preto o traballo que se está a realizar na Fundación TIC, nesta ocasión foron uns 48 veciños de San Ciprián pertencentes á Asociación Alborada os que no marco das visita Km0 promovidas pola Diputación de Lugo se achegaron ata o Centro de Produción de Programas en Lugo e coñeceron como se traballa nun medio audiovisual e os secretos tras as cámaras de televisión.

O Programa de visitas Km0 permite redescubrir aos propios lucenses a provincia de Lugo e tódos os seus atractivos e achegar aos cidadáns a Deputación para coñecer o Pazo de San Marcos e algunhas das fundacións promovidas por esta institución como é o caso da Fundación TIC e a Escola de Imaxe e Son.

Despois de esta visita o veciños de San Ciprian desprazáronse ata A Fonsagrada para xantar e iniciar a ruta "Negueira de Muñiz" que consta de unha visita a Área natural do encoro de Salime-Negueira (Rede Natura 2000) en Negueira de Muñiz e o Museo etnográfico da Fonsagrada.

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet