Centro de Produción de Audiovisuais (CPA) » Novas de Lugo » 2010

21/09/2010

A Fundación TIC no festival solidario de Baganda

A Fundación TIC colaborou este verán co primeiro Festival Solidario de Baganda realizado en favor da ONG Cirurxiáns do Mundo.

O festival, realizado na área recreativa de Azúmara en Castro de Rei, recadou fondos para axudar a sufragar a viaxe a Lugo e a operación de catro nenos ugandeses con graves enfermidades.
Un público entregado puido gozar de moi variadas actuacións, tanto musicais como de maxia e humor xa que diversos artistas como Mini e Mero, David Taboada, Carme Blanco, Cuchus Pimentel, Chete Rei, Batital, Os 3 Trebóns, Noemí Mazoy, Leña Verde, Mago Rafa, Jose Blázquez o Ángeles Breakers colaboraron desinteresadamente.

Antes do concerto e durante toda a noite, os asistentes puideron coñeceron de primeira man a labor da Fundación na Escola de Imaxe e no Centro de Produción de Programas xa que se difundiron por varias pantallas vídeos coas actividades da Fundación. A Fundación tamén colaborou coa elaboración de un vídeo sobre as actividades da ONG.

Para ver este reproductor necesitas instalar Flash Player



< Volver




Rúa Frei Plácido Rei Lemos s/n / 27004 - Lugo
Teléfono: 982 284 667 / Fax: 982 284 687
info@fundaciontic.org
Fundación  |  Escola de imaxe e son  |  Produtora  |  Film Comission  |  Novas  |  Ligazóns  |  Videos  |  Foro  |  Contacto
Diseño web de Lugonet