A Fundación TIC no Festival do Landro
A fundación TIC foi a encargada da gravación da final do Festival da Canción do Landro, que tivo lugar o pasado mes de agosto en Viveiro, e que foi difundida por numerosas canles de televisión locais e autonómicas como V televisión ou Telelugo.
O labor da Fundación puido así ser coñecido por numerosas persoas que ateigaban a Praza Maior de Viveiro para ver a gala final do festival.
Ademais de asistir ao traballo en directo dos membros da Fundación, difundíronse polas pantallas do escenario vídeos da Escola de Imaxe e do Centro de Produción de Programas.
Esta foi a decimo novena edición deste certame, que contou coma sempre cunha orquestra en directo e con cinco finalistas e puido ser seguida en toda Galicia en diferido e en horario de máxima audiencia grazas a colaboración da Fundacion TIC